viernes, 2 de octubre de 2020

EXAMES CINTO NEGRO

Este pasado mércores 30 de setembro foi un día importante para o noso clube Terras de Santiago. Tras uns meses moi complicados neste ano tan anómalo, poder celebrar o exame federativo de cinto negro na sala de judo do colexio La Salle é xa de por si un éxito. É un pracer poder incorporar dous novos cintos negros primeiro dan, así como ver a continuidade doutros judokas do clube. Tivemos que preparar o exame dunha maneira distinta, en condicións distintas e con métodos distintos, dadas as circunstancias actuais, pero o traballo mereceu a pena. 

Os nosos novos cintos negros 1º dan son Ana Fernández Jeremías e Iago Vázquez Morandeira. 

Montserrat Pardo Iglesias acadaba o 2º dan e, por outra banda, Ana María García Esmorís e o sensei Manuel Mallo Dorado conseguían o 4º dan. 

Queremos expresar a nosa gratitude ao colexio La Salle de Santiago e en especial á dirección, encabezada por Jesús Martin, que puxo todos os medios, facilidades e a súa total disponibilidade para que os nosos judokas puidesen acadar un obxectivo tan importante como é o cinto negro. 

Moitas grazas ao mestre Xaquín Baldomir Sendón do JC Base de A Estrada, co quen é sempre moi doado colaborar para avanzar e veu altruistamente a participar no tribunal. 

Agradecemos de veras a participación incondicional ao mestre José Fernández Muíños JC Vilas Alborada , quen tivo a xentileza de presidir o tribunal.