domingo, 30 de octubre de 2022

TOMÁS 7º NO GALEGO ABSOLUTO EN FERROL

 Este sábado 30 de outubro participabamos no Campionato Galego Absoluto con dous judokas nada máis, dadas as baixas por exames, lesións ou ausencias por estar estudando no estranxeiro. Os obxectivos eran claros: realizar o maior número de combates, tendo en conta a pausa de Pablo Pérez, quen está moi centrado nos seus estudos de informática e na preparación do segundo dan, e, por outra banda, Tomás Vázquez, aínda cadete e preparando o cinto negro 1º dan. O obxectivo neste senso foi cumprido, pero pensamos que Pablo, en -73 kg, puido facer algo máis. No primeiro combate, bo judo e moita igualdade ata que nun desplazamento erróneo o rival, Iglesias do FDF, aproveita e nos proxecta para ippon. Na repesca ante Faro do GSU, derrota moi rápida, que non esperabamos. 

Tomás firmou un interesante 7º posto tras gañar en primeira ao xoven judoka do Escola, Endika García, a quen gañamos por 2 wazaris. Despois é derrotado con contundencia polo judoka madrileño con licenza galega García Vicente e na repesca ante Moral, madrileño tamén, judokas ambos con máis experiencia e idade que Tomás. Polo tanto, Tomás firma no seu primeiro mes de campionatos da tempada, curiosamente, ningunha medalla pero 9 combates en tan só dous campionatos, o que reflicte a competencia alta no seu peso e o potencial de Tomás. 

Noraboa a ambos pola súa participación a pesar do seus compromisos... e a seguir. 


sábado, 15 de octubre de 2022

SUPERCOPA ESPAÑA VIGO 15 OUTUBRO: MATEO 3º, TOMÁS 7º

 Hoxe sábado 15 de outubro saían @s nos@s judokas s18 ao tatami na súa primeira competición da nova tempada, co cal temos que valoran a participación nese mesmo contexto: probarse, mellorar e sacar lecturas positivas e tamén das cousas a correxir. Tamén hai que engadir que varios deles están inmersos na preparación do exame para cinto negro. 

Noraboa primeiramente a Mateo Bello en +90kg, na súa primeira competición como s18, quen era quen de lograr o bronce. En primeira gañaba ao asturiano Menéndez, para perder en semis en gañar o bronce nun combate tacticamente moi ben plantexado e executado ante un judoka de moito máis peso. 

Tomás Vázquez en -60 kg segue a estar sempre arriba, pero tamén nos quedamos esta vez a sensación de que quizáis era quen de estar máis arriba aínda. Tras cinco combates nun peso hiperconcurrido, conseguía o 7º posto. En primeira victoria ante o canario Cabrera e tras dúas novas victorias, viña a derrota en cuartos ante o rival portugués. Na repesca victoria para logo derrota ante Cherkesov. Moito mérito o seu resultado nun peso con case 60 judokas. 

Mario Vilaseco en -66 kg  empezaba librando en primeira, para logo seguir con victoria de ura nage ante o andaluz de la Cruza, para logo ser derrotado. Na repesca derrota en judo chan, cando estaba el levando a iniciativa, pero un despiste levounos á derrota. A seguir traballando, que é o camiño para que Mario estea nos postos que por potencial pode lograr. 

Claudia López en -57 kg pasaba de ronda ante a súa rival italiana, para logo perder por ippon exprés. Temos que seguir traballando a confianza con Claudia, xa que non é fácil a adaptación á evolución de categoría de peso, cando cambiamos 2 de golpe. Ánimo a Claudia e a seguir coa súa constancia. 

O resto d@s nos@s judokas quedaron na primeira ronda sen repesca: Javi Veloso en -55 kg, Breogán Olives -60 kg e Claudia Martínez en -52 kg. 

Insistimos na dificultade deste evento, con moita participación e de alto nivel con judokas estranxeiros e moitas comunidades autónomas fortes, con pesos cun número moi elevado de participantes, o momento da tempada, a nosa primeira competición nun tempo, preparación do cinto negro... 

Ánimo a tod@s e a seguir dándolle forte!