sábado, 18 de febrero de 2023

18 FEBREIRO: NUCLEO ADESTRAMENTO COMARCA SANTIAGO NA USC

 Hoxe sábado 18 de febreiro volveron @s nos@s judokas a estar presentes no núcleo de adestramento da comarca na sala de judo da USC, no campus sur en Compostela. Divididos en 2 turnos e dirixidos por Diego Alvarez, sensei do Lugokan, os entrenos se repartiron por categorías s13 e s13 na primeira quenda e s18, junior e senior na segunda. 

Participaron judokas do Vilas Alborada, Base, Escola, Lugokan, Lucus Dojo, Oleiros e @s nos@s do Terras de Santiago.

Sub 13 e sub 15
Sub 18, junior, senior e veterán
Terras de Santiago sub13 e sub15 presentes: Hugo, Claudia V, David, Pablo, Juan, Jesús, Guille e Dani (quen marchaba xusto antes da foto por outros compromisos)
Terras de Santiago s18 e +: Mano, Mateo, Mario, Javi e David

domingo, 12 de febrero de 2023

SABADO 11 FEBREIRO: LIGA OLEIROS S11 E LIGA RIAS ALTAS S15 E S18

 Bo sábado 11 de febreiro con dous frentes importantes para a preparación d@s nos@s judokas s15 e s18 para futuros compromisos por unha banda e, pola outra para @s máis pequen@s unha bonita experiencia na loita por equipos s11. 

LIGA OLEIROS s11

Lembremos que nesta liga participan judokas da Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago, A Estrada, Sada, Bemantes e outras comarcas de Coruña e Lugo principalmente. 

Non presentamos equipo s13, o que é unha mágoa, pero ao faltarnos judokas nalgúns pesos, por diversas razóns, non nos quedou outra opción. 

Os dous equipos s11 estiveron a un gran nivel, a pesar da súa inexperencia nos casos de vari@s d@s nos@s judokas, pero loitaron co obxectivo de se clasificaren para a liga A e a boa fe que o lograron. 

O Terras de Santiago A quedou primeiro de grupo tras vencer vs Oleiros Sada/Bemantes- 4-1, vs Gándaras   4-0, Dominicos 3-2 (remontada desde 0-2) e o Hercules  2-1


O Terras de Santiago B fixo un gran papel tamén e quedaron segundos, só cedendo por 1-4 vs  Coruña. O resto saldado con victorias 4-1 vs Sal Lence, 3-0 vs Oleiros C e 5-0 vs Lugokan.

Arbitrou o noso judoka Pedro Fernández, quen últimamente non pode por estudos e traballo en Vigo, vir a entrenar, pero quixo contribuír como árbitro titulado que é. Graciñas!!


LIGA RIAS ALTAS, FENE, INDIVIDUAL S15 E S18

Pola tarde era o turno dos s15 primeiramente. Tiñamos 3 participantes e acadaron o bronce. Naroboa @s tres, se ben temos que matizar que quizáis estivemos nalgún caso por debaixo do esperado. 

Jesús López en -42 estivo pouco fino nos desplazamentos e, en consecuencia nos agarres, e tivo que conformarse co bronce. Aínda así estamos no bo camiño, na súa segunda competición da tempada. 


Hugo Viqueira en -66 kg estivo ben en conxunto, pero cometendo erros a pesar do seu agarre dominante, que non soubo aproveitar en semis, perdendo na golden score. No bronce, mellor actuación e logra ippon tras proxectar de makikomi. Hai que ir aprendendo dos erros, pero Hugo está traballando ben e seguro que seguirá avanzando. 


Claudia Vilaseco en +63 kg fixo unha moi boa competición, a pesar do pouco tempo que leva no judo, antes judokas moito máis experimentadas. O formato en liga de 5 permitía acumular moitos combates, a nosa principal meta hoxe na súa segunda competición. Empezou nerviosa, perdendo con facilidade, pero logo foi quen de repoñerse e fixo unha gran actuación nos seguintes combates, un dos cales chegou ata os 3 minutos de golden score. Destacamos a súa victoria de seoi nage ante unha rival santiaguesa de moito máis peso ca ela. Confiamos que siga a mellorar desta maneira nos futuros compromisos. 


A categoría s-18 nos deixa con sensacións moi diversas. Por unha banda, a rotura de clavícula de Claudia López, quen confiamos se repoña pronto e volva aos tatamis a traernos o seu gran espíritu e feeling que ten co judo. Claudia Martínez levou un golpe no xeonllo e preferimos que non seguise a competir para evitar riscos innecesarios de cara ao Galego. A isto lle engadimos a ausencia de última hora de Xavi en -66 kg. 

Javi Veloso en -55 kg sigue na súa dinámica de medallas, o cal nos deixa satisfeitos. O primeiro combate pensamos que debía telo resolto antes; estanos costando correxir certos aspectos, pero tirou de experiencia e gañou por shidos ao contrario. En semis, saímos descentrados xusto despois das lesións das compañeiras e perdemos por ippon. No bronce moito mellor e victoria de kouchi. A seguir tratando de mellorar!


Mateo Bello en +90 kg lograba dúas traballadas victorias por ippon, a primeira delas cun precioso seoi de pé. No seguinte combate cambiamos táctica e victoria por wazari. Tratamos de poñer en acción melloras tralos erros que vimos no último torneo e saíron adiante, co cal estamos satisfeitos con Mateo, sempre disposto a superarse.


Noraboa a tod@s pola vosa constancia!!!


lunes, 6 de febrero de 2023

TORNEO DO CONCELLO DA ESTRADA 5 FEBREIRO

Onte sábado 5 febreiro participaron case 30 judokas do noso club, moit@s del@s do noso cole, desde os máis cativos ata sub-13 no torneo do Concello da Estrada, organizado polo Judo Club Base. Moitas grazas a eles pola invitación!!

Fíxose para algunhas categorías con clasificacións, outras sen elas, todo sempre nun ambiente relaxado e ameno. A expedición foi comandada polo sensei Nico, acompañado de Claudia L e Javi, quen axudaron na organización. Moitas grazas a el@s!!!

Aquí van un par de fotos: