domingo, 13 de marzo de 2022

SUPERCOPA ALICANTE, COPA SANTIAGO E GALEGO JUNIOR

 

Rematou esta fin de semana cargada coma nos mellores tempos con eventos nos que participaban vari@s d@s nosos rapaces. En xeral, moitos combates, que era o noso principal obxectivo, xunto co de ir volvendo a coller ese ritmo de competición que nos faltaba. A nivel de resultados houbo un pouco de todo, pero a actitude foi moi boa en todos os casos; faltou nalgún caso algo de fortuna, de saber manter ventaxas e tamén algo de rodaxe. 

O sábado 12 marzo en Santiago tiña lugar a Copa de España s15 co noso único representante, Mateo Bello, quen facía 5 combates en +66 kg, categoría nesta ocasión moi concorrida. Deixounos unhas moi boas sensacións; mágoa facer o máis difícil e logo ceder no que parecía a priori unha opción de estar máis arriba. Victorias ante o portugués Vital na previa, o galego Boullón; derrota ante Roca, que nos manda á repesca, onde vence ao portugués Sousa, para perder no paso ao bronce ante o extremeño García Tena. Unha moi boa progresión de Mateo, que se reflicte na súa actuación na súa segunda competición da tempada  nun evento de entidade. 


Ese mesmo sábado tiñamos a 5 judokas na Supercopa de España s18 en Alicante,  con máis de 500 inscritos e pesos moi cargados de competidores. En -50 kg Javi Veloso non foi quen de pasara a segunda ronda tras perder contra o cántabro Sánchez, sen opción a repesca, mesmo destino que tiveron as nosas rapazas de -52 kg, Claudia Martínez e Claudia López. No caso da primeira, s18 de primeiro ano, boa actuación ante unha judoka moito máis experimentada e e canto á segunda, non tivo moitas opcións ante a madrileña Martínez Barbero. Ficamos contentos coa actitude dos tres no tatami e seguiremos traballando en correxir os puntos nos que fallamos. 

En -60 kg as oportunidades de estar arriba, pola experiencia dos nosos dous participantes, parecían ser altas, pero os dous novenos postos no saturado peso de -60 kg consideramos que non mostran a capacidade real de Iago Iglesias e Tomás Vázquez. O mellor de todo foi a cantidade de duros combates feitos por cada un deles, catro. O peor: caer en erros que xa coñecemos. Iago comezaba cunha boa victoria ben traballada ante o duro judoka balear Frans Theunisse, seguida doutra victoria ante o judoka de Valencia, Fernández, derrota en cuartos ante o a posteriori prata, Mari de Valencia. Na repesca, derrota ante Castellanos. Un erro garrafal en judo chá nos deixou fóra dun posto superior, que pensamos debía ser o de Iago. 

Tomás non acaba de atopar o seu mellor judo, pero aínda así foi quen de facer catro combates. Victoria contundente ante Pellón de Cantabria, para logo perder co á postre gañador da final, Robles de Madrid. Non tivemos recursos ante a superioridade física do rival. Na repesca, ippon ante Trombati de Valencia e derrota ante Carazo Madrid. Temos que traballar certos puntos ante un determinado tipo de judoka cos que Tomás non é capaz de desenvolver o judo que sabemos que ten. 


O domingo Santiago era o escenario do Campionato de Galicia Junior (s20), no que tiñamos a 5 participantes, 4 dos cales fixeron Alicante o día anterior. O obxectivo, moi claro: facer o maior número de combates e de acumular experiencia en torneos de nivel, con vistas ao Campionato Galego s18, isto no caso dos nosos cadetes.  Tres sétimos postos e 2 novenos parécenos pouco botín a pesar do antes expresado. En -60 kg notouse o cansacio da longa competición en Alicante do sábado. Tomás Vázquez non andivo fino no primeiro combate, pero logrou a victoria ante o pontevedrés Fernández. En cuartos de final faltounos ese punto de subir de marcha ante un dos favoritos, Patiño, quen nos marca ippon. A repesca levounos a enfrentarnos antes Tato do Base, nun combate igualado ao principio, pero a meior táctica e agarres do rival nos mandaron para casa. Iago Iglesias comezaba con victoria ante Vasallo do Ourense, para perder ante Moral do FDF e na repesca "suicidarse" deportivamente, accións moi ben aproveitadas polo seu contrincante, Alex Castro do Compostela. Estimamos que Iago tiña que ter rematado o campionato máis arriba.  

En -.52 kg moi boa actitude das dúas Claudias. Claudia Martínez soubo repoñerse tras a rápida derrota ante a favorita e posterior ouro, Pérez Pacheco do JBM, para facer un bo principio de combate ante a dura judoka do Shiai Fernández, pero un erro no desplazamento foi ben aproveitado pola rival, quen marca ippon. Aínda sí, boa lectura para Claudia, quen aínda é cadete de primeiro ano. Claudia López fixo unha gran competición, que non se veu reflictida no resultado final. En cuartos non soubo administrar o wazari de cadeira ante Rocío Castro do Base, quen nos empata a 30 segundos do final e nunha eterna golden score cometemos erros que nos levan a amonestacións e ter que arriscar de máis nun combate no que Claudia levou sempre a iniciativa. Na repesca, a rival era Lamas do JBM, similar no tipo de judo a  Claudia, pero unha zurda e a outra destra. Isto levou a un combate demasiado aberto, longo, no que estimamos que Claudia mereceu algunha puntuación, pero acabou perdendo por ippon. 

En -81 kg, logo do seu historial de medallas nos galegos, David Alvarez semellaba ser a unha firme opción de estar no podio. Certo é que se queremos estar arriba, temos que gañar a todos os rivais, pero tamén certo é que os sorteos non son os ideais para David e, tras gañar en primeira nun duro combate ante Zatarain do FDF, atopamos con Raj Udovichenko, foráneo con licenza galega - quen gañaria logo o ouro-, que nos deixa  fóra do camiño á final... Na repesca, victoria ante Cañizares do Finisterre e no pase ao bronce, derrota nun combate de máis de 7 minutos ante Candal do Cambre, quen ao noso xuízo mereceu a terceira amonestación, xa que toda a actividade e as acciónes eran producidas por David. Ao final, nos marcan, nos mandan para casa.... e acabouse....


En todo caso, insistimos na actitude e no esforzo dos nosos judokas nunha longa e dura fin de semana, que quizáis non levaron o premio desexado e nalgún caso, estimamos, merecido, pero estas experiencias ao mesmo tempo nos axudan a aprender e mellorar e ficamos contentdos de poder retomar con máis asiduidade as competicións.