lunes, 23 de diciembre de 2019

EXITO DO CPTO DE JUDO DO COLEXIO


O temporal deste sábado 21 de decembro non axudaba ao noso VI Torneo de Judo de La Salle Santiago, motivando baixas de última hora, aínda que fomos quen de chegar a aproximadamente 380 participantes. 

O éxito do evento débese a un sinfín de persoas e entidades que fixeron posible esto: o colexio, aportando o pavillón e a colaboración dos irmáns, do persoal do colexio, o responsable de actividades extraescolares Pablo Negreira,- quen xentilmente veu a facer entraga das medallas aos equipos sub-13 e sub-15,-  aos patrocinadores Gadis, Sala Riquela e Héctor Pardo, aos equipos que, aparte dos judokas, aportaron axuda loxística (árbitros, axudantes, material, etc) e, como non, as familias do noso clube Terras de Santiago. Nun sábado intempestuoso como foi, pais/nais, judokas e ex-judokas viñeron a axudar en absolutamente todo con total entrega ¡¡Moitas gracias!!

En canto a cuestión meramente deportiva, o día comenzaba coa categoría sub-11, onde se establecían un sistema de ligas de uns 10 judokas por tatami, habendo semifinais e final. Lo seguía a competición por equipos sub15 e sub13, cun total de 29 equipos. Pola tarde tocoulle o turno ao torneo individual sub-18, para finalizar coas categorías individuais absoluta e veteráns. 

Para ver a nova completa, fai click aquí. 





miércoles, 18 de diciembre de 2019

SABADO 21 DECEMBRO TORNEO DE LA SALLE




LUGAR
Pavillón Polideportivo do Colexio La SallePza. San Xoán Bautista La Salle, 1 (Santiago de Compostela)

HORARIOS
Xornada de mañán (judokas presentarse con judogi posto da casa):

* Sub-11: presentación 9h30 – inicio 10h
individual en ligas (nados en 2010 e 2011)
* Sub-13 e sub-15: pesaxe de 10h15 a 11h – inicio 11h30
Sub-13 equipos mixtos (nados en 2008, 2009)
Sub-15 equipos mixtos (nados en 2006, 2007)

...........................................................................

Xornada de tarde
(a pesaxe quederá aberta para o resto das categorías da tarde a partir das 11h30, para que se poidan pesar os judokas que o desexen dos s-18, absoluto e veteráns)

* Sub-18: pesaxe 14h45-15h30 – inicio 16h
Sub-18 individual (nados en 2003, 2004, 2005)
Veteráns e absoluto: pesaxe 16h30-17h15 – inicio 18h
Absoluto individual (nados en 2002, 2001, 2000, 1999, 98…)
Veteráns individual (nados entre 1986 e 1974, ambos incluidos)

IMPORTANTE: 

- Documentación a presentar na pesaxe: DNI (pasaporte ou libro de familia)

- Acceso ao pavillón a pé (prohibido entrar con coche polo patio grande do colexio).

- Zonas para aparcar: debaixo do patio do colexio, na rúa Ramón María del Valle-Inclán, hai un parking público subterráneo de pago. As rúas frente á praza de San Xoán (recepción do colexio) - rúa de San Roque, Loureiros, etc - son zona ORA. Pola parte de atrás de Santa Clara son rúas con aparcamento so para residentes.

sábado, 14 de diciembre de 2019

COPA CANARIAS Y TORNEO VEDRA

Os nosos judokas tiñan 2 frentes abertos neste sábado 14 de decembro 2019. Por unha banda, o torneo de Vedra con 40 dos nosos judokas dende os mais cativos ata os s-15, pola outra banda 3 dos nosos sub-15 saían ao tatami na Copa de España A de Granadilla nas Canarias. 

Os resultados na Copa de España en Canarias son para estar satisfeitos, xa que buscabamos acumular combates de calidade e sumar puntos no ranking e acadáronse os dous obxectivos. 



Marco Mota en -42 kg tiña que conformarse co séptimo posto. Tras librar en primeira ronda como cabeza de serie, perdemos en cuartos nun combate nos que nos faltou rematar. En repesca victoria, para sucumbir no acceso ao combate polo bronce. 

Tomás Vázquez en -46 kg obtía unha nova medalla, de prata, tras perder na final nun encontro moi disputado, outro enfrentamento mais ante o judoka Samuel Tato, do clube amigo Base de A Estrada. O camiño para chegar á final pasou por vencer en primeira ronda ao duro competidor madrileño Lemos, para en cuartos vencer con autoridade e en semis acadar a victoria tras un complicado combate ante o catalán Perau. Tomás se mantén arriba (agora na segunda praza) do ranking nacional. 


Mario Vilaseco conseguía o bronce en -55 kg tras realizar unha boa competición e vencer os seus dous primeiros combates, so cedendo en semis ante o número 1 do ranking, Infanzón e gañar o combate pola medalla de bronce. Noraboa aos tres por seguiren mostrando a súa capacidade competitiva noutra copa de España. 



........................................................................................................................................


No Torneo de Nadal de Vedra, organizado polo clube Camm, a quen agradecemos a súa invitación, concentraba a uns 40 dos nosos judokas. Comezaban os benxamíns A (nados no 2010 e 2011), nun sistema de ligas con grupos de entre 5-7 judokas. Obtían o primeiro posto Claudia e Beltrán; o segundo foi conseguido por Daniel , Pablo, Gabriel, Anxo D e levaron o bronce Asier, David, Anxo P e Gabriel. 

No seguinte turno saían os nosos benxamíns B (nados nos 2012 e 2013) Mateo, Martín C, Ubaldo, Martín L, Nahuel e Daniel. Nesta categoría non había clasificación. Os nosos pequenos da categoría Baby (2014, 15 e 16) tomaban parte no entreno conxunto cos nenos dos outros clubes. Participaron Hugo, Enzo, Gonzalo, Caitán e Héctor. 


En sub-13, xa no turno da tarde e na modalidade de equipos mixtos, presentabamos 2 equipos, coa intención de facer o maior número de combates, sabendo que os pesos non nos favorecían moito e moitos dos nosos judokas fixeron en pesos superiores aos seus. O equipo formado por Lucía, Diego, Julia e Mateo (e cun peso libre) non lograba ningunha victoria na fase de grupos (5 equipos por grupo), nunha xornada na que en xeral non estivemos moi atinados. O equipo formado por Brais, Xian, Hugo, Esteban e Iago tivo unha mellor actuación, aínda que tampouco foi quen de entrar na loita polas medallas, tras vencer ante Peleteiro por 2-1, perder con autoridade por 1-4 ante Pontevedra, perder 2-3 ante JC Senín, quen remontaron un 2-0 ao noso favor e sucumbir por 1-3 ante Camm. 
Os nosos s-13 

En sub-15 os nosos judokas foron capaces de, a pesares das baixas de varios compañeiros, algúns deles na Copa de Canarias, facer un bo campionato, dando guerra en todos os combates, aínda mesmo que nalgúns pesos os nosos judokas eran moito mais lixeiros.  No primeiro combate ante o Shiai perdemos por 1-3 con iki wake de Javi, derrotas de Marco, Anxo e in extremis de Breogán e victoria de Xavi. Victoria ante Escolas de Vedra por 3-1, con boas victorias de Sara, Anxo e Xavi, empate de Marco e derrota de Claudia.  Seguimos cunha contundente victoria 5-0 ante Master Gym, formando Javi, Anxo, Breogán, Marco e Xavi para perder nun moi igualado encontro ante Camm, con quen quedamos empatados na clasificación, pero por puntos nos superan e obteñen a prata e nós o bronce. Derrotas moi axustadas de Sara e Claudia, victoria traballada de Anxo, iki de Marco e derrota de Xavi nun duro combate ante un rival de moita mais envergadura. Esto non deixa senon de mostrar a profundidade do banquillo s-15 con judokas dando un bo nivel en varios frentes. 





domingo, 1 de diciembre de 2019

MONTSE 7ª EN EL NACIONAL ABSOLUTO


Ayer sábado 30  noviembre 2019 salía al tatami del Nacional Absoluto nuestra judoka Montserrat Pardo Iglesias, con la clara intención de entrar en las medallas. Nos hemos vuelto a quedar a las puertas, tras una actuación irregular y caer en viejos errores. En primera ronda victoria por ippon en judo suelo ante Pina, de Andalucía. En cuartos de final nos enfrentamos a la vieja conocida y primera del ranking nacional empatada con Montse, la andaluza residente en Galicia, Candela Fernández. El combate lo llevamos bien encaminado, aun cuando teníamos un shido en contra, pero a un minuto del final empezamos a cometer errores y acabamos siendo contrados. En la repesca ante la madrileña Patricia Rodríguez volvemos a repetir el esquema del combate anterior... y nos vamos para casa.... Es una lástima ciertamente, porque sabemos de la calidad y constancia de Montse. En todo caso, hemos de reconducir la situación para llegar con garantías a la otra cita principal del año, el  Nacional Universitario. ¡A seguir, Montse!