lunes, 23 de diciembre de 2019

EXITO DO CPTO DE JUDO DO COLEXIO


O temporal deste sábado 21 de decembro non axudaba ao noso VI Torneo de Judo de La Salle Santiago, motivando baixas de última hora, aínda que fomos quen de chegar a aproximadamente 380 participantes. 

O éxito do evento débese a un sinfín de persoas e entidades que fixeron posible esto: o colexio, aportando o pavillón e a colaboración dos irmáns, do persoal do colexio, o responsable de actividades extraescolares Pablo Negreira,- quen xentilmente veu a facer entraga das medallas aos equipos sub-13 e sub-15,-  aos patrocinadores Gadis, Sala Riquela e Héctor Pardo, aos equipos que, aparte dos judokas, aportaron axuda loxística (árbitros, axudantes, material, etc) e, como non, as familias do noso clube Terras de Santiago. Nun sábado intempestuoso como foi, pais/nais, judokas e ex-judokas viñeron a axudar en absolutamente todo con total entrega ¡¡Moitas gracias!!

En canto a cuestión meramente deportiva, o día comenzaba coa categoría sub-11, onde se establecían un sistema de ligas de uns 10 judokas por tatami, habendo semifinais e final. Lo seguía a competición por equipos sub15 e sub13, cun total de 29 equipos. Pola tarde tocoulle o turno ao torneo individual sub-18, para finalizar coas categorías individuais absoluta e veteráns. 

Para ver a nova completa, fai click aquí. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario