sábado, 14 de diciembre de 2019

COPA CANARIAS Y TORNEO VEDRA

Os nosos judokas tiñan 2 frentes abertos neste sábado 14 de decembro 2019. Por unha banda, o torneo de Vedra con 40 dos nosos judokas dende os mais cativos ata os s-15, pola outra banda 3 dos nosos sub-15 saían ao tatami na Copa de España A de Granadilla nas Canarias. 

Os resultados na Copa de España en Canarias son para estar satisfeitos, xa que buscabamos acumular combates de calidade e sumar puntos no ranking e acadáronse os dous obxectivos. 



Marco Mota en -42 kg tiña que conformarse co séptimo posto. Tras librar en primeira ronda como cabeza de serie, perdemos en cuartos nun combate nos que nos faltou rematar. En repesca victoria, para sucumbir no acceso ao combate polo bronce. 

Tomás Vázquez en -46 kg obtía unha nova medalla, de prata, tras perder na final nun encontro moi disputado, outro enfrentamento mais ante o judoka Samuel Tato, do clube amigo Base de A Estrada. O camiño para chegar á final pasou por vencer en primeira ronda ao duro competidor madrileño Lemos, para en cuartos vencer con autoridade e en semis acadar a victoria tras un complicado combate ante o catalán Perau. Tomás se mantén arriba (agora na segunda praza) do ranking nacional. 


Mario Vilaseco conseguía o bronce en -55 kg tras realizar unha boa competición e vencer os seus dous primeiros combates, so cedendo en semis ante o número 1 do ranking, Infanzón e gañar o combate pola medalla de bronce. Noraboa aos tres por seguiren mostrando a súa capacidade competitiva noutra copa de España. 



........................................................................................................................................


No Torneo de Nadal de Vedra, organizado polo clube Camm, a quen agradecemos a súa invitación, concentraba a uns 40 dos nosos judokas. Comezaban os benxamíns A (nados no 2010 e 2011), nun sistema de ligas con grupos de entre 5-7 judokas. Obtían o primeiro posto Claudia e Beltrán; o segundo foi conseguido por Daniel , Pablo, Gabriel, Anxo D e levaron o bronce Asier, David, Anxo P e Gabriel. 

No seguinte turno saían os nosos benxamíns B (nados nos 2012 e 2013) Mateo, Martín C, Ubaldo, Martín L, Nahuel e Daniel. Nesta categoría non había clasificación. Os nosos pequenos da categoría Baby (2014, 15 e 16) tomaban parte no entreno conxunto cos nenos dos outros clubes. Participaron Hugo, Enzo, Gonzalo, Caitán e Héctor. 


En sub-13, xa no turno da tarde e na modalidade de equipos mixtos, presentabamos 2 equipos, coa intención de facer o maior número de combates, sabendo que os pesos non nos favorecían moito e moitos dos nosos judokas fixeron en pesos superiores aos seus. O equipo formado por Lucía, Diego, Julia e Mateo (e cun peso libre) non lograba ningunha victoria na fase de grupos (5 equipos por grupo), nunha xornada na que en xeral non estivemos moi atinados. O equipo formado por Brais, Xian, Hugo, Esteban e Iago tivo unha mellor actuación, aínda que tampouco foi quen de entrar na loita polas medallas, tras vencer ante Peleteiro por 2-1, perder con autoridade por 1-4 ante Pontevedra, perder 2-3 ante JC Senín, quen remontaron un 2-0 ao noso favor e sucumbir por 1-3 ante Camm. 
Os nosos s-13 

En sub-15 os nosos judokas foron capaces de, a pesares das baixas de varios compañeiros, algúns deles na Copa de Canarias, facer un bo campionato, dando guerra en todos os combates, aínda mesmo que nalgúns pesos os nosos judokas eran moito mais lixeiros.  No primeiro combate ante o Shiai perdemos por 1-3 con iki wake de Javi, derrotas de Marco, Anxo e in extremis de Breogán e victoria de Xavi. Victoria ante Escolas de Vedra por 3-1, con boas victorias de Sara, Anxo e Xavi, empate de Marco e derrota de Claudia.  Seguimos cunha contundente victoria 5-0 ante Master Gym, formando Javi, Anxo, Breogán, Marco e Xavi para perder nun moi igualado encontro ante Camm, con quen quedamos empatados na clasificación, pero por puntos nos superan e obteñen a prata e nós o bronce. Derrotas moi axustadas de Sara e Claudia, victoria traballada de Anxo, iki de Marco e derrota de Xavi nun duro combate ante un rival de moita mais envergadura. Esto non deixa senon de mostrar a profundidade do banquillo s-15 con judokas dando un bo nivel en varios frentes. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario