domingo, 9 de mayo de 2021

DAVID BRONCE NA COPA DE ESPAÑA DE GALICIA

 Esta fin de semana tiña lugar a Copa de España de Galicia, clasificatoria para o Campionato de España Juniore e primeira competición para os nosos judokas tras a pausa motivada pola pandemia. Durante a manán de hoxe, domingo 09 de maio tomaban parte 6 dos nosos judokas, 4 deles aínda en idade cadete e 2 deles juniors de primeiro ano. 

Por todo isto, os nosos obxectivos non eran outros que volver coller sensacións de competición e, nalgún caso, tratar de abrir unha máis que posible porta de clasificación para o nacional. 

O día empezaba cunha regular actuación de Luis Barreiro en -66 kg, quen notou moito a falta de ritmo de competición e foi dominado nos agarres. Perdía en primeira ronda ante Aaron Pérez do Lugokan, que logo perdería e nos deixaba sen repesca. Foi o mesmo caso o de Iago Iglesias, quen non saiu co ritmo adecuado para unha categoría como é a de -60 kg ante Androver do JBM. Rocío del Moral en -63 kg tivo as súas oportunidades antea Aora Fernández do Famu, onde entendemos que debíamos pasar de ronda, pero técnicamente non estivemos acertados e tamén quedamos sen repesca.

O segundo turno foi máis "produtivo", se ben empezamos cunha derrota de Pablo García, na súa volta ás competicións despois dun 3 anos, ante o coruñés Aaron García, un duro combate no que empezamos a ser dominados nos agarres á metade do mesmo e un wazari decidía a victoria. O judoka do Shiai perdía despois ante Ferreiro do Coruña, polo tanto, Pablo marchaba sen opción de repesca. Neste mesmo peso de -81 kg saía David Álvarez Celemín, estreando peso tralo seu paso fugaz por -73 kg, onde no seu momento lograba a prata no Campionato de Galicia Senior. En primeira ronda 2 wazaris ante Salgado do Coruña nun combate ben controlado nos levan ó segundo combate ante o compañeiro do JC Oleiros Fernández Temes, onde de novo 2 wazaris nos conducen ata ás semis, onde non estivemos finos nos agarres ante o duro judoka foráneo con licenza galega Akimidze e o combate acabou con derrota de David por 2 wazaris. No bronce David volveu a levar a  iniciativa tanto nas entradas como nos agarres e tras un wazari de seoi, volvemos a marcar outro nunha acción de sacrificio para levarse ante o ferrolán Rodrigo Martín unha merecida medalla de bronce. Noraboa, David!

Esperamos que poida ser elexido para os campionatos de España, onde leva un par de edicións ausente a pesar do seu segundo posto senior e os seus bronces junior nos campionatos de Galicia nas últimas oportunidades. 

En -70 kg Raquel Matalobos saía ante á máxima favorita cun exceso respecto e o combate se resolveu para Noelia Insúa rapidamente. Na repesca, combate controlado por Raquel, con continuas entradas de perigo que non se vían reflectidas no marcador nin en forma de penalización para a rival Montero do Cambre, nin en puntuación, dado que técnicamente non acababamos de executar con éxito as técnicas. Chegadas á golden score, Raquel realiza un mal ataque que é contrado. 



Debemos mellorar varios aspectos nos entrenos, varios deles froito das dificultades de entrenar propias das limitacións pola pandemia e seguir traballando no positivo.