domingo, 24 de noviembre de 2019

BOA ACTUACION NA COPA DE ESPAÑA DE VALLADOLID


Hoxe 24 de novembro de 2019 volviamos a ter a varios dos nosos judokas participando nunha Copa de España, neste caso a de Valladolid, en categoría s-15. Levabamos un bo grupo de 9 deportistas, quen en xeral fixeron un bo papel.  Unha prata, un bronce e un séptimo é o balance moi positivo. 

Javi Veloso perdía en -38 kg en primeira ronda ante o asturiano Taboada, tras un esperanzador comenzo de combate, pero nunha acción nos desequilibramos, proxéctannos e nos inmovilizan. Nun houbo posibilidades de repesca. Debemos seguir traballando, que os froitos vanse ver con toda seguridade. 

En -42 kg Marco Mota acababa unha meritoria medalla de prata tras vencer por 2 wazari ao palentino Briones, a Pérez de Madrid por ippon de cambio atrás na golden score e en semis ao compostelán Santamaría, tras conseguir o ippon in extremis nun combate no que estaban empatados a wazaris. Na final ante o jujdoka de Madrid Maxim Lyxogor, non estivemos moi finos e en chan regalamos unha inmovilización, que o rival foi quen de aproveitar. En todo caso, boa competición de Marco, que segue facendo progresos. Neste peso facía o seu debut nunha copa o seu compañeiro Anxo Rodríguez, quen logra un bo ippon de seoi en primeira ronda ante Galindo de Castela e León. Perde a continuación ante o cabeza de serie número un, para na repesca sucumbir ante o rioxano Pena, nun erro pola nosa parte. Cremos que Anxo empezou con bo pe a súa experiencia nas copas de España. 


Tomás Vázquez en -46 kg consolidaba o seu primeiro posto no ranking nacional, se ben pensamos que podía estar mais arriba hoxe. Lograba unha nova medalla, esta vez de bronce, tras cinco combates. Logo de gañar en primeira ronda, enfréntase ao madrileño con licencia galega, Unai Peñas, quen nos leva ben o combate e nós ficamos sen a resposta adecuada. Un ippon de cadeiras tras unha entrada de Tomás nos leva á repesca. Victoria con autoridade ante Miranda de Aragón, a continuación imponse en acción de pernas para vencer con autoridade o bronce. Faltounos saber xestionar os desplazamentos ante un judoka do estilo de Peñas, pero en xeral nova boa actuación de Tomás. 


Mario  Vilaseco en -55kg realizou de novo un campionato similar a Avilés, cuns certos altibaixos, pero tivo en liñas xerais unha boa actuación nunha categoría de peso moi concurrida. Comezamos algo durmidos e nos marcan 2 shidos por pisar fóra da área de competición, para reaccionar cunha acción de cadeiras ante o castelán-leonés San José. Ante o madrileño Iván García estivemos mais entonados, pero irregulares, recibimos un wazari ao principio, que equilibramos con outro wazari, para finalmente caer por outro wazari. En repesca victorias exprés por ippon ante o asturiano Fernández e o extremeño Muñoz, para a continuación, no paso ao combate polo bronce, sair algo falto de ritmos ante o madrileño Iker Utrero. Aínda así Mario disputou un intenso combate que se decidiu nunha discutida acción de contra na que, ao noso parecer, Mario cae completamente boca baixo, pero sube ao marcador en nos volve a deixar ás portas da loita polo bronce. Boa nova competición de Mario, aínda que nos quedamos coa impresión de que ben puido subir de marcha en xeral. Neste peso tambén deputaba  nunha Copa de España Marco Rodríguez, quen logra unha boa e traballada victoria en chan ante o madrileño Gonzalo Martín. En segunda perdemos ante o duro judoka extremeño Romero, combate ao que saimos sen suficiente convicción. Por desgracia non puidmos acceder ás repescas. 

En -36kg feminino , Sara del Moral comezaba ben o seu combate ante Arranz de Castela-León, pero nunha pouco acertada acción pola nosa parte nos marcan ippon e quedamos fóra da repesca. Sara ten que ir avanzando e deixando os típicos erros atrás. Claudia Martínez debutaba en copas en -40 kg facendo en primeira ronda ante á judoka castelá-leonesa Catala, que nos marca ippon. En repesca Claudia tivo as súas opcións, pero perdía ante o seu combate en chan. Claudia López perdía en primeira ronda sen repesca en -48kg, categoría que estreaba. Coas nosas judokas temos que seguir traballando, que gañas pola súa parte non faltan. 

¡Noraboa ao noso equipo sub-15! 


domingo, 17 de noviembre de 2019

MILLAN EN EL SECTOR SENIOR


Millán Lado salía ayer domingo 17 noviembre al tatami del pabellón de las Flores en Coruña para disputar la fase sector del Campeonato de España Absoluto, con la intención de pasar entre los 3 primeros y, de esto modo, acceder a la fase final del Nacional. Buen primer combate ante José Félix Urquiza en la, como siempre, dura categoría de -73kg, ante quien tuvimos nuestras opciones, pero un wazari al final del combate en una acción, nos deja un lastre que no pudimos remontar. En la repesca contra el asturiano Castelao, buen principio, con buena alternancia, pero nos sorprende con un seoi y nos deja fuera. Creemos que, con un poco más de fe, quizás hubiéramos podido hacer más, pero en general vimos buena actitud y buen nivel competitivo en Millán. 

domingo, 10 de noviembre de 2019

BO CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DOS NOSOS



Onte sábado 09 de novembro saían ao tatami do pavillón de Esteiro en Ferrol catro dos nosos judokas nunha nova edición do Campionato de Galicia Absoluto. Non participou Montse, quen está clasificada directamente para a fase final do Nacional, como segunda do ranking da categoría. Todos os nosos judokas competían en -73kg e tiveron en conxunto un bo papel.  

Pablo Pérez Ferreiro cedía en primeira ronda ante o duro judoka do Shiai Ion López Almón, tras un erro, ben aproveitado polo rival. Por desgracia, non entramos na repesca. Non damos arrancado nas últimas competicións. 

Tampouco empezaba moi ben Alejandro Quintana Cid, quen concedía un agarre fácil a Ferreiro do UDC, quen marca ippon de tani otoshi. Na repesca victorias rápidas por ippon ante Fernández do Arteixo e Gestal do GJK. Na loita polo bronce enfrentábase ao compañeiro Millán Lado Bascoy, quen viña de gañar por 2 wazaris ante o ourensán Córdoba e perder, ao noso xuizo, sorprendemente, ante o judoka do UDC Dimas Leiros. Victoria traballada no bronce para Millán. Moi boa volta de Alejandro á loita polas medallas, peor resultado do esperado para Millán. 

Na final tiñamos a David Alvarez Celemín, quen vencía rapidamente a Gestal do GJK, para acadar unha moi ben traballada victoria por 3 shidos ante Ferreiro do UDC. Na final, o coruñés Leiros ben aproveitou o brazo extendido de David nunha acción de ataque, para realizar juji. En todo caso, boa competición e volta á loita das medallas para un David, quen ata onte levaba unha tempada sen mostrar o seu mellor nivel. En xeral, ficamos satisfeitos co cómputo global, tendo en conta a xuventude de varios deles.