domingo, 10 de noviembre de 2019

BO CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DOS NOSOS



Onte sábado 09 de novembro saían ao tatami do pavillón de Esteiro en Ferrol catro dos nosos judokas nunha nova edición do Campionato de Galicia Absoluto. Non participou Montse, quen está clasificada directamente para a fase final do Nacional, como segunda do ranking da categoría. Todos os nosos judokas competían en -73kg e tiveron en conxunto un bo papel.  

Pablo Pérez Ferreiro cedía en primeira ronda ante o duro judoka do Shiai Ion López Almón, tras un erro, ben aproveitado polo rival. Por desgracia, non entramos na repesca. Non damos arrancado nas últimas competicións. 

Tampouco empezaba moi ben Alejandro Quintana Cid, quen concedía un agarre fácil a Ferreiro do UDC, quen marca ippon de tani otoshi. Na repesca victorias rápidas por ippon ante Fernández do Arteixo e Gestal do GJK. Na loita polo bronce enfrentábase ao compañeiro Millán Lado Bascoy, quen viña de gañar por 2 wazaris ante o ourensán Córdoba e perder, ao noso xuizo, sorprendemente, ante o judoka do UDC Dimas Leiros. Victoria traballada no bronce para Millán. Moi boa volta de Alejandro á loita polas medallas, peor resultado do esperado para Millán. 

Na final tiñamos a David Alvarez Celemín, quen vencía rapidamente a Gestal do GJK, para acadar unha moi ben traballada victoria por 3 shidos ante Ferreiro do UDC. Na final, o coruñés Leiros ben aproveitou o brazo extendido de David nunha acción de ataque, para realizar juji. En todo caso, boa competición e volta á loita das medallas para un David, quen ata onte levaba unha tempada sen mostrar o seu mellor nivel. En xeral, ficamos satisfeitos co cómputo global, tendo en conta a xuventude de varios deles.


No hay comentarios:

Publicar un comentario