martes, 20 de diciembre de 2022

COPA DE ESPAÑA S18 EN CANARIAS, STAGE EN VEDRA Y TORNEO DO CONCELLO DE VEDRA

 Este fin de semana del 17 y 18 de diciembre venía bien cargadito con eventos, con la Copa de España A en Tenerife, a la cual acudimos con 8 judokas sub 18; con 3 fuimos al Stage en Vedra dirigido por Carmen Solana y, finalmente, el domingo 18 el Torneo de Vedra, para los más peques, donde estuvieron 22 de l@s nuestr@s.

La Copa de España nos trajo un bronce de Mateo Bello en +90 kg, un 5º puesto con Tomás Vázquez en -60 kg y una buena actuación de Mario Vilaseco en -66 kg previa a su lesión. Se quedaron fuera de las medallas y no rindiendo como pensamos pueden hacerlo Claudia Martínez, Claudia López y Javi Veloso. 

El stage dirigido por la 8º dan, Carmen Solana y organizado por el Judo Escola, tuvo en el tatami la presencia de nuestros judokas Xavi, Antonio y Millán. 

Al día siguiente 22 de nuestr@s judokas más pequeñ@s participaban en el Torneo do Concello de Vedra.

¡Enhorabuena a tod@s! 

Para fotos y la noticia completa, haz click aquí


jueves, 8 de diciembre de 2022

RIAS ALTAS, CARBALLO S18: 1 OUTRO, 1 PRATA, 3 BRONCES

 Hoxe día 8 de decembro volvemos para casa logo da desputa da 2ª xornada da Liga Rías Altas con sensacións en xeral boas, aínda que con moitos matices. Tralas baixas por enfermidade de Xavi e Breogán, @s nos@s sub-18 trouxeron 5 medallas e, sobre todo, moitos combates, dos que sacamos lecturas positivas e tamén algunhas negativas, pero que podemos correxir. 

Mateo Bello +90 Kg, volvía a colleitar unha medalla, desta vez de ouro, tras desputar 3 combates que gañou de formas variadas: primeiro tras proxectar de makikomi e inmoviilzar; o segundo, a pesar de ser dominado nos agarres polo rival do Base, cunha proxección de xeonllos; finalmente, no terceiro por makikomi de esquerdas. Temos que traballar algúns fallos nos agarres, pero en xeral bos combates, judo variado e Mateo que segue a mellorar cada día. 

Javi Veloso en -55 kg realizou unha competición moi irregular, pero da que sacamos varias conclusións positivas: o seu terceiro posto, a realización de 4 combates quen nos veñen moi ben como previos á Copa de Canarias e un par de victorias con matices que son importantes. A primeira victoria viña no primeiro combate contra o seu rival do Coruña na golden score e tras os 3 shidos do judoka herculino. Complicouse moito Javi este combate, onde tivo a Prieto polo aire con seoi pero non fomos quen de proxectar. O mellor, a victoria por amonestacións, tras varios minutos entrados na golden score, que nos axudan a aprender a sufrir no combate. O segundo combate foi dos peores, cun rival do Hércules que nos levaba por onde queriamos e nós nada finos nos agarres. Derrota por dous wazaris para continuar con outra derrota contra Oria do Base nun mal combate nas defensas. O cuarto combate, bo ippon de técnica de sacrificio ante o judoka do JK. Moitos erros traidos dos entrenos que nos deben facer reflexionar se o que queremos é que se vexan nos campionatos os erros ou os progresos dos entrenos. Aínda así, quedamos co feito de que fixo 4 combates que nos veñen de perlas para traballar nos entrenos e correxilos.



Tomás Vázquez obtiña un bronce que nos sabe a pouco en -60 kg. Victoria rápida contra o judoka do Base, para logo ter un combate moi duro contra o coruñés Lestón, que entrou en golden score. Certo é que o rival é duro, pero tamén cometimos moitos erros nos desplazamentos que, de feito, levaron a un desequilibrio propio de Tomás que aproveitou Lestón para levarse a victoria. No bronce marcamos wazari contra Gutiérrez, competidor do Hércules, para inmovilizar. Chegamos con 20 combates en 4 eventos ata a Copa de Canarias, onde esperamos dar un paso máis arriba, tras pulir os erros vistos hoxe, aínda que temos igualmente que suliñar que hoxe mostramos un judoka máis aberto e produtivo, froito do traballo durante a semana,. 

En -66kg gran bronce de Mario Vilaseco, que quizáis puido ser máis de saír máis centrados no primeiro combate ante o judoka do Bergantiños, en gran parte polas primeiras malas sensacións consecuencia en boa parte de chegar enfermo á competición. Mario tenos acostumados a facer de máis a menos; esta vez foi ao revés e fomos de menos a máis, para finalmente desenvolver un judo seguro e con recursos que levaron ao bronce tras 5 combates en total. No primeiro combate de repesca ippon rápido ante o rival do Ferrolterra. Repetimos modelo ante o judoka do Bitácora, para logo gañar por juji gatame no seguinte e duro combate. No bronce, con seguridade marca wazari para inmovilizar. Sen dúbida unha gran mellora na actitude e vemos unha boa evolución froito do traballo nos entrenos.

                                                

En -52 kg prata para Claudia Martínez, quen mostrou mellor cara que na última competición, grazas á calidade dos seus últimos entrenos, pero tamén cometimos algúns erros, que se pagan caros, sobre todo ante unha rival de calidade, como é a judoka do Hércules, quen obtía o ouro. 

Claudia López en -57 kg comezaba un combate contra a judoka do Liceo, Baldonedo, que parecía podiamos levar ao noso terreo, pero pouco a pouco nos fomos desinflando e fixemos un regalo en judo chan, ben aproveitado pola rival. Na repesca derrota cun seoi ante a compostelana Rial, quen sabiamos o que fai, pero non fomos quen de buscar solucións. Temos que traballar e moito no modo en que entrenamos, porque é o único xeito de conseguir a confianza que nos falta nos campionatos ata o de agora. 

En xeral, moitos combates, varios deles de calidade, outros, menos, pero sufridos, que son a miúdo dos que máis se aprende. Tamén, varios erros traídos de malos hábitos dos entrenos, pero ao mesmo tempo moitas cousas boas tamén froito dos bos hábitos dos entrenos. Co cal, sabemos onde correxir e onde seguir incidindo para avanzar. ¡¡Noraboa a tod@s polo seu esforzo!!



sábado, 26 de noviembre de 2022

VILLA DE AMURRIO S-18: MATEO BRONCE, MARIO E TOMÁS QUINTOS

Boa experiencia a nosa volta a Amurrio, agora que xa non é Copa de España, pero segue a ser unha cita de referencia, e máis ao engadiren a categoría cadete. Precisamente nesta categoría s-18 foi onde presentamos a 6 judokas, co principal obxectivo de estar o máis arrriba posible, pero, sobre todo, facer combates e máis combates en escenarios fóra de Galicia, para curtinos na competición. 

Tres judokas estiveron arriba: Mateo Bello, bronce en +90 kg, Tomás Vázquez 5º en -60 kg e Mario Vilaseco 5º en -66 kg. Noraboa aos tres!

Participaron tamén, pero ficando fóra das medallas: Claudia López, Claudia Martínez e Javi Veloso

Crónica completa aquí



domingo, 6 de noviembre de 2022

EXAMES CINTO NEGRO EN LA SALLE E LIGA RIAS ALTAS EN CAMBRE

Este sábado 5 novembro tiña dous frontes abertos nas que tiñamos a vari@s d@s nos@s judokas en acción. 

O primeiro no pavillón do noso Colexio La Salle coa celebración dos exames de cinto negro de 8 dos nosos judokas, así como de outros compañeiros dos clubes Base e Escola. Trala consecución do segundo dan de David Alvarez hai unhas semanas nos exames en Oleiros, máis alumnos nosos mostraban a súa progresión, o cal é un gran orgullo para o noso club. Pasan os anos, seguen aparacendo novas xeracións con ganas e os veteráns continúan subindo de dan. 

Lograban o primeiro dan Mario, Javi, Tomás, Iago e Mano. 

Acadaban o segundo dan Pablo e Carlos, mentras que Millán obtía o terceiro dan.

¡Noraboa a todos! 

¡¡Moitas grazas ao cole, especialmente a Luis!!


Primeiro intento: a un veterán pícalle a cabeza


          Segundo intento: o tribunal falando, un veterán cheo de ledicia 
e o fotógrafo mirando para Almería

Agora si... ¡por fin!


Os cintos negros do club co sensei Manuel 


Ao mesmo tempo tiña lugar a Liga Rías Altas, á que acodiamos por primeira vez. A súa primeira xornada foi organizada en Cambre e participaban 4 judokas s18 do noso club. Mateo continúa coa súa boa racha, logrando o outro tras 3 combates en +60 kg. Xavi en -73 e Claudia L en -57 perdían os seus 2 combates e Breogán gañaba 1 e perdía 2. Sen dúbida unha boa experiencia, para seguir traballando ata o próximo compromiso.


domingo, 30 de octubre de 2022

TOMÁS 7º NO GALEGO ABSOLUTO EN FERROL

 Este sábado 30 de outubro participabamos no Campionato Galego Absoluto con dous judokas nada máis, dadas as baixas por exames, lesións ou ausencias por estar estudando no estranxeiro. Os obxectivos eran claros: realizar o maior número de combates, tendo en conta a pausa de Pablo Pérez, quen está moi centrado nos seus estudos de informática e na preparación do segundo dan, e, por outra banda, Tomás Vázquez, aínda cadete e preparando o cinto negro 1º dan. O obxectivo neste senso foi cumprido, pero pensamos que Pablo, en -73 kg, puido facer algo máis. No primeiro combate, bo judo e moita igualdade ata que nun desplazamento erróneo o rival, Iglesias do FDF, aproveita e nos proxecta para ippon. Na repesca ante Faro do GSU, derrota moi rápida, que non esperabamos. 

Tomás firmou un interesante 7º posto tras gañar en primeira ao xoven judoka do Escola, Endika García, a quen gañamos por 2 wazaris. Despois é derrotado con contundencia polo judoka madrileño con licenza galega García Vicente e na repesca ante Moral, madrileño tamén, judokas ambos con máis experiencia e idade que Tomás. Polo tanto, Tomás firma no seu primeiro mes de campionatos da tempada, curiosamente, ningunha medalla pero 9 combates en tan só dous campionatos, o que reflicte a competencia alta no seu peso e o potencial de Tomás. 

Noraboa a ambos pola súa participación a pesar do seus compromisos... e a seguir. 


sábado, 15 de octubre de 2022

SUPERCOPA ESPAÑA VIGO 15 OUTUBRO: MATEO 3º, TOMÁS 7º

 Hoxe sábado 15 de outubro saían @s nos@s judokas s18 ao tatami na súa primeira competición da nova tempada, co cal temos que valoran a participación nese mesmo contexto: probarse, mellorar e sacar lecturas positivas e tamén das cousas a correxir. Tamén hai que engadir que varios deles están inmersos na preparación do exame para cinto negro. 

Noraboa primeiramente a Mateo Bello en +90kg, na súa primeira competición como s18, quen era quen de lograr o bronce. En primeira gañaba ao asturiano Menéndez, para perder en semis en gañar o bronce nun combate tacticamente moi ben plantexado e executado ante un judoka de moito máis peso. 

Tomás Vázquez en -60 kg segue a estar sempre arriba, pero tamén nos quedamos esta vez a sensación de que quizáis era quen de estar máis arriba aínda. Tras cinco combates nun peso hiperconcurrido, conseguía o 7º posto. En primeira victoria ante o canario Cabrera e tras dúas novas victorias, viña a derrota en cuartos ante o rival portugués. Na repesca victoria para logo derrota ante Cherkesov. Moito mérito o seu resultado nun peso con case 60 judokas. 

Mario Vilaseco en -66 kg  empezaba librando en primeira, para logo seguir con victoria de ura nage ante o andaluz de la Cruza, para logo ser derrotado. Na repesca derrota en judo chan, cando estaba el levando a iniciativa, pero un despiste levounos á derrota. A seguir traballando, que é o camiño para que Mario estea nos postos que por potencial pode lograr. 

Claudia López en -57 kg pasaba de ronda ante a súa rival italiana, para logo perder por ippon exprés. Temos que seguir traballando a confianza con Claudia, xa que non é fácil a adaptación á evolución de categoría de peso, cando cambiamos 2 de golpe. Ánimo a Claudia e a seguir coa súa constancia. 

O resto d@s nos@s judokas quedaron na primeira ronda sen repesca: Javi Veloso en -55 kg, Breogán Olives -60 kg e Claudia Martínez en -52 kg. 

Insistimos na dificultade deste evento, con moita participación e de alto nivel con judokas estranxeiros e moitas comunidades autónomas fortes, con pesos cun número moi elevado de participantes, o momento da tempada, a nosa primeira competición nun tempo, preparación do cinto negro... 

Ánimo a tod@s e a seguir dándolle forte!


sábado, 18 de junio de 2022

EXHIBICION FIN DE CURSO DO COLE E ENTRENO DO NUCLEO COMARCAL

 Este venres 17 xuño tivo lugar a exhibición coa que pechabamos oficialmente a tempada no colexio La Salle, aínda que os entrenos seguirán durante a meirande parte do verán. Trátase da primeira exhibición de fin de curso dende que empezou a "época Covid" e, por iso, a importancia de poder xuntar todos os grupos do cole de novo como viñamos a facer todos os anos antes 2020. Os grupos burbulla formados a principos do curso para os nenos de 1º a 4º e de 5º e 6º de primaria podían por fin xuntarse cos seus compañeiros dos dous grupos de maiores, os s15 e s18 e o dos junior e seniors. Foi moi grato poder ver de novo a gran parte do plantel do judo de La Salle no mesmo tatami, chegando dende primeiro de primaria, ata veteráns +30 de anos, pasando por todas as idades. Trala exhibición o grupo dos maiores tivo a habitual cea. 




Ao día seguinte non paraba a actividade e catro d@s nos@s judokas participaban no entreno do núcleo da comarca de Santiago no tatami da USC. Deste xeito, Breogán, Xavi, Javi e Tomás compartín tatami c@s compañeir@s dos clubs USC, Escola, Base e Senín. 


domingo, 13 de marzo de 2022

SUPERCOPA ALICANTE, COPA SANTIAGO E GALEGO JUNIOR

 

Rematou esta fin de semana cargada coma nos mellores tempos con eventos nos que participaban vari@s d@s nosos rapaces. En xeral, moitos combates, que era o noso principal obxectivo, xunto co de ir volvendo a coller ese ritmo de competición que nos faltaba. A nivel de resultados houbo un pouco de todo, pero a actitude foi moi boa en todos os casos; faltou nalgún caso algo de fortuna, de saber manter ventaxas e tamén algo de rodaxe. 

O sábado 12 marzo en Santiago tiña lugar a Copa de España s15 co noso único representante, Mateo Bello, quen facía 5 combates en +66 kg, categoría nesta ocasión moi concorrida. Deixounos unhas moi boas sensacións; mágoa facer o máis difícil e logo ceder no que parecía a priori unha opción de estar máis arriba. Victorias ante o portugués Vital na previa, o galego Boullón; derrota ante Roca, que nos manda á repesca, onde vence ao portugués Sousa, para perder no paso ao bronce ante o extremeño García Tena. Unha moi boa progresión de Mateo, que se reflicte na súa actuación na súa segunda competición da tempada  nun evento de entidade. 


Ese mesmo sábado tiñamos a 5 judokas na Supercopa de España s18 en Alicante,  con máis de 500 inscritos e pesos moi cargados de competidores. En -50 kg Javi Veloso non foi quen de pasara a segunda ronda tras perder contra o cántabro Sánchez, sen opción a repesca, mesmo destino que tiveron as nosas rapazas de -52 kg, Claudia Martínez e Claudia López. No caso da primeira, s18 de primeiro ano, boa actuación ante unha judoka moito máis experimentada e e canto á segunda, non tivo moitas opcións ante a madrileña Martínez Barbero. Ficamos contentos coa actitude dos tres no tatami e seguiremos traballando en correxir os puntos nos que fallamos. 

En -60 kg as oportunidades de estar arriba, pola experiencia dos nosos dous participantes, parecían ser altas, pero os dous novenos postos no saturado peso de -60 kg consideramos que non mostran a capacidade real de Iago Iglesias e Tomás Vázquez. O mellor de todo foi a cantidade de duros combates feitos por cada un deles, catro. O peor: caer en erros que xa coñecemos. Iago comezaba cunha boa victoria ben traballada ante o duro judoka balear Frans Theunisse, seguida doutra victoria ante o judoka de Valencia, Fernández, derrota en cuartos ante o a posteriori prata, Mari de Valencia. Na repesca, derrota ante Castellanos. Un erro garrafal en judo chá nos deixou fóra dun posto superior, que pensamos debía ser o de Iago. 

Tomás non acaba de atopar o seu mellor judo, pero aínda así foi quen de facer catro combates. Victoria contundente ante Pellón de Cantabria, para logo perder co á postre gañador da final, Robles de Madrid. Non tivemos recursos ante a superioridade física do rival. Na repesca, ippon ante Trombati de Valencia e derrota ante Carazo Madrid. Temos que traballar certos puntos ante un determinado tipo de judoka cos que Tomás non é capaz de desenvolver o judo que sabemos que ten. 


O domingo Santiago era o escenario do Campionato de Galicia Junior (s20), no que tiñamos a 5 participantes, 4 dos cales fixeron Alicante o día anterior. O obxectivo, moi claro: facer o maior número de combates e de acumular experiencia en torneos de nivel, con vistas ao Campionato Galego s18, isto no caso dos nosos cadetes.  Tres sétimos postos e 2 novenos parécenos pouco botín a pesar do antes expresado. En -60 kg notouse o cansacio da longa competición en Alicante do sábado. Tomás Vázquez non andivo fino no primeiro combate, pero logrou a victoria ante o pontevedrés Fernández. En cuartos de final faltounos ese punto de subir de marcha ante un dos favoritos, Patiño, quen nos marca ippon. A repesca levounos a enfrentarnos antes Tato do Base, nun combate igualado ao principio, pero a meior táctica e agarres do rival nos mandaron para casa. Iago Iglesias comezaba con victoria ante Vasallo do Ourense, para perder ante Moral do FDF e na repesca "suicidarse" deportivamente, accións moi ben aproveitadas polo seu contrincante, Alex Castro do Compostela. Estimamos que Iago tiña que ter rematado o campionato máis arriba.  

En -.52 kg moi boa actitude das dúas Claudias. Claudia Martínez soubo repoñerse tras a rápida derrota ante a favorita e posterior ouro, Pérez Pacheco do JBM, para facer un bo principio de combate ante a dura judoka do Shiai Fernández, pero un erro no desplazamento foi ben aproveitado pola rival, quen marca ippon. Aínda sí, boa lectura para Claudia, quen aínda é cadete de primeiro ano. Claudia López fixo unha gran competición, que non se veu reflictida no resultado final. En cuartos non soubo administrar o wazari de cadeira ante Rocío Castro do Base, quen nos empata a 30 segundos do final e nunha eterna golden score cometemos erros que nos levan a amonestacións e ter que arriscar de máis nun combate no que Claudia levou sempre a iniciativa. Na repesca, a rival era Lamas do JBM, similar no tipo de judo a  Claudia, pero unha zurda e a outra destra. Isto levou a un combate demasiado aberto, longo, no que estimamos que Claudia mereceu algunha puntuación, pero acabou perdendo por ippon. 

En -81 kg, logo do seu historial de medallas nos galegos, David Alvarez semellaba ser a unha firme opción de estar no podio. Certo é que se queremos estar arriba, temos que gañar a todos os rivais, pero tamén certo é que os sorteos non son os ideais para David e, tras gañar en primeira nun duro combate ante Zatarain do FDF, atopamos con Raj Udovichenko, foráneo con licenza galega - quen gañaria logo o ouro-, que nos deixa  fóra do camiño á final... Na repesca, victoria ante Cañizares do Finisterre e no pase ao bronce, derrota nun combate de máis de 7 minutos ante Candal do Cambre, quen ao noso xuízo mereceu a terceira amonestación, xa que toda a actividade e as acciónes eran producidas por David. Ao final, nos marcan, nos mandan para casa.... e acabouse....


En todo caso, insistimos na actitude e no esforzo dos nosos judokas nunha longa e dura fin de semana, que quizáis non levaron o premio desexado e nalgún caso, estimamos, merecido, pero estas experiencias ao mesmo tempo nos axudan a aprender e mellorar e ficamos contentdos de poder retomar con máis asiduidade as competicións.


sábado, 19 de febrero de 2022

OLEIROS S15 E S18: 4 PRATAS, 4 BRONCES E UN QUINTO

 Hoxe sábado 19 de febreiro volviamos por fin ás competicións, tras este irregular paso de ano, con cambios e anulacións de datas. Moitas grazas aos organizadores do torneo do Concello de Oleiros, o club amigo JC Oleiros, dentro da liga, evento tradicional do noso calendario dende hai moitos anos.

Desta volta era o turno dos cadetes s18 e os infantís s15, en modalidade de competición individual. Saímos contentos da experiencia, tanto polo feito en si de competir, como das cousas boas que vimos nos nosos judokas e, igualmente, dos erros cometidos, que son os que nos dan a chave para mellorar. 

O balance en xeral podemos consideralo de bo, aínda que nos quedamos sen chegar ao máis alto do podio, con 4 pratas, 4 bronces e un quinto. 

En categoría s18 comezaban as nosas judokas de -52kg, estreando peso, onde Claudia López foi prata e Claudia Martínez foi bronce. Un pouco faltas de ritmo competitivo en no caso de Claudia Martínez, pensamos por debaixo do nivel que viña tendo na tempada anterior en categoría s-15, pero precisamente por esta circunstancia, a xuventude, valoramos positivamente a participación de ambas. 




En s18 masculino Javi Veloso -50 kg tiña que conformarse cun bronce que nos sabe a pouco, porque estimamos que o combate decisivo que daba o pase á final podía ser seu e perdeuno nun erro en judo chan a 30" do final. Aínda si, en xeral, bo traballo de Javi e progresión con relación a certos aspectos de citas anteriores.

 En -55 kg Breogán Olives, tras unha longa pausa sen entrenar, volvía aos tatamis e, para ser a súa primeira competición en bastante tempo, pensamos que deu a talla, a pesar de perder en primeira e na repesca e ficar, polo tanto, fóra das medallas. 

O peso de -60 kg sempre é un dos máis concurridos e máis duros. En primeira ronda, Iago Iglesias, combate durisimo frente ao recente gañador da Copa de España de Valladolid, Samu Tato do club amigo JC Base, quen soubo levar a estratexia moi ben ao su terreo e nos acababa gañando con uchi mata. Na repesca boa reacción de Iago cunha boa transición para luxar ao seu rival no combate polo bronce. Polo outro lado estaba Tomás Vázquez, quen a pesar de dominar nos agarres e nas proxeccións, non vía reflictido no marcador tal diferencia. Victoria traballada tamén no segundo combate, con bos momentos, pero tamén erros que nos levaron mesmo a ser inmovilizados, pero Tomás foi quen de escapar e levarse a victoria. Na final frente a Tato, imos ben... ata que deixamos que nos leven ao terreo que máis lles convén e nos marcan uchi mata. Tomás volve a firmar outra boa competición máis, pero deixando a sensación de que non está a desenvolver o seu mellor potencial. 

En -66 kg perdía Mario Vilaseco en primeira frente ao favorito Infanzón. Logo victoria traballada nun duro combate, pero aproveitando moi ben a oportunidade e logrando ippon por estrangulación. No bronce victoria nun longo combate frente ao compañeiro Xavi Louro. Este, pola súa parte, déixanos cun sabor agridulce, xa que perdeu un combate durisimo frente a Hugo Oria do Base, que iamos gañando por wazari a 30" e, nun erro de non saber manter a distancia, permitimos que nos agarren e marquen wazari e, finalmente, nos derroten. Unha mágoa, pero en xeral bo nivel o mostrado por Xavi. 

Na categoría infantil só tiñamos a un representante, Mateo Bello en + 66 kg, quen tras unha longa pausa sen facer judo durante esta crise do Covid, voltaba aos tatamis e aos campionatos, mostrando parte do seu potencial. Meritorio segundo posto tras gañar os seus dous primeiros combates cunha proxección de pernas, pero no combate final contra Freire nos vimos superados por uns mellores agarres, que nos fomos quen de contrarrestar.

  

Noraboa a todos/as os/as nosos/as judokas polo seu esforzo... a seguir traballando e mellorando. 

 

 

 

martes, 15 de febrero de 2022

ACTUALIZACION HORARIOS OLEIROS SABADO 19 FEBRERO

Por motivos de aforo, foron comunicados os novos horarios do campionato (basicamente, s15 a unha hora e s18 a outra): 


HORARIOS: 

Sub-18 : Pesaxe 9:30-10:00 

Competición 10:30-11:30 (ENTREGA DE MEDALLAS) 

Sub-15 : Pesaxe 11:45-12:15 

Competición 12:30-13:30 (ENTREGA DE MEDALLAS)


O resto da info xa a tedes na entrada anterior do blog. 

lunes, 7 de febrero de 2022

LIGA OLEIROS 19 FEBREIRO S15 E S18

 Organiza: 

Concello de Oleiros 

Judo Club Oleiros 

CATEGORIA: Sub-18 e sub-15 compiten individual masculino e feminino

IDADES: sub-18 Nados nos anos 07,06,05. (pedirase DNI, autorización paterna, certificado de vacunación COVID) 

IDADES: sub-15 Nados nos anos 09,08. (pedirase DNI, autorización paterna, certificado de vacunación COVID) 

LUGAR Polideportivo de CANIDE c/Avda. Maria Pita, 22 (Oleiros) 

click aquí para localización google maps

HORARIOS: 

Pesaxe 9:30-10:00 Competición 10:30-13:00 

ENTREGA DE MEDALLAS 13:10 

PESOS: 

Sub-18: Masc: -50,-55,-60,66,-73,-81,+81Kg. Femn:-48,-52,-57,-63,-70,+70 

Sub-15 : Masc: -38,-42,-46,-50,-55,-60,-66,+66Kg. Femn. -40,-44,-48,-52,-57,-63,+63 

*os pesos podrán modificarse en función dos participantes inscritos 

COMPETICIÓN Menos de 5 judokas liga 5 ou más judokas eliminatoria con repesca asegurada (combates de repesca Golden Score) TEMPO: Combates sub-15 a 3 minuto. sub-18 a 3 minutos. ARBITRAXE: Responsable de arbitraje Miguel Blanco Reglamento oficial en vigor.