domingo, 30 de octubre de 2022

TOMÁS 7º NO GALEGO ABSOLUTO EN FERROL

 Este sábado 30 de outubro participabamos no Campionato Galego Absoluto con dous judokas nada máis, dadas as baixas por exames, lesións ou ausencias por estar estudando no estranxeiro. Os obxectivos eran claros: realizar o maior número de combates, tendo en conta a pausa de Pablo Pérez, quen está moi centrado nos seus estudos de informática e na preparación do segundo dan, e, por outra banda, Tomás Vázquez, aínda cadete e preparando o cinto negro 1º dan. O obxectivo neste senso foi cumprido, pero pensamos que Pablo, en -73 kg, puido facer algo máis. No primeiro combate, bo judo e moita igualdade ata que nun desplazamento erróneo o rival, Iglesias do FDF, aproveita e nos proxecta para ippon. Na repesca ante Faro do GSU, derrota moi rápida, que non esperabamos. 

Tomás firmou un interesante 7º posto tras gañar en primeira ao xoven judoka do Escola, Endika García, a quen gañamos por 2 wazaris. Despois é derrotado con contundencia polo judoka madrileño con licenza galega García Vicente e na repesca ante Moral, madrileño tamén, judokas ambos con máis experiencia e idade que Tomás. Polo tanto, Tomás firma no seu primeiro mes de campionatos da tempada, curiosamente, ningunha medalla pero 9 combates en tan só dous campionatos, o que reflicte a competencia alta no seu peso e o potencial de Tomás. 

Noraboa a ambos pola súa participación a pesar do seus compromisos... e a seguir. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario