sábado, 19 de febrero de 2022

OLEIROS S15 E S18: 4 PRATAS, 4 BRONCES E UN QUINTO

 Hoxe sábado 19 de febreiro volviamos por fin ás competicións, tras este irregular paso de ano, con cambios e anulacións de datas. Moitas grazas aos organizadores do torneo do Concello de Oleiros, o club amigo JC Oleiros, dentro da liga, evento tradicional do noso calendario dende hai moitos anos.

Desta volta era o turno dos cadetes s18 e os infantís s15, en modalidade de competición individual. Saímos contentos da experiencia, tanto polo feito en si de competir, como das cousas boas que vimos nos nosos judokas e, igualmente, dos erros cometidos, que son os que nos dan a chave para mellorar. 

O balance en xeral podemos consideralo de bo, aínda que nos quedamos sen chegar ao máis alto do podio, con 4 pratas, 4 bronces e un quinto. 

En categoría s18 comezaban as nosas judokas de -52kg, estreando peso, onde Claudia López foi prata e Claudia Martínez foi bronce. Un pouco faltas de ritmo competitivo en no caso de Claudia Martínez, pensamos por debaixo do nivel que viña tendo na tempada anterior en categoría s-15, pero precisamente por esta circunstancia, a xuventude, valoramos positivamente a participación de ambas. 




En s18 masculino Javi Veloso -50 kg tiña que conformarse cun bronce que nos sabe a pouco, porque estimamos que o combate decisivo que daba o pase á final podía ser seu e perdeuno nun erro en judo chan a 30" do final. Aínda si, en xeral, bo traballo de Javi e progresión con relación a certos aspectos de citas anteriores.

 En -55 kg Breogán Olives, tras unha longa pausa sen entrenar, volvía aos tatamis e, para ser a súa primeira competición en bastante tempo, pensamos que deu a talla, a pesar de perder en primeira e na repesca e ficar, polo tanto, fóra das medallas. 

O peso de -60 kg sempre é un dos máis concurridos e máis duros. En primeira ronda, Iago Iglesias, combate durisimo frente ao recente gañador da Copa de España de Valladolid, Samu Tato do club amigo JC Base, quen soubo levar a estratexia moi ben ao su terreo e nos acababa gañando con uchi mata. Na repesca boa reacción de Iago cunha boa transición para luxar ao seu rival no combate polo bronce. Polo outro lado estaba Tomás Vázquez, quen a pesar de dominar nos agarres e nas proxeccións, non vía reflictido no marcador tal diferencia. Victoria traballada tamén no segundo combate, con bos momentos, pero tamén erros que nos levaron mesmo a ser inmovilizados, pero Tomás foi quen de escapar e levarse a victoria. Na final frente a Tato, imos ben... ata que deixamos que nos leven ao terreo que máis lles convén e nos marcan uchi mata. Tomás volve a firmar outra boa competición máis, pero deixando a sensación de que non está a desenvolver o seu mellor potencial. 

En -66 kg perdía Mario Vilaseco en primeira frente ao favorito Infanzón. Logo victoria traballada nun duro combate, pero aproveitando moi ben a oportunidade e logrando ippon por estrangulación. No bronce victoria nun longo combate frente ao compañeiro Xavi Louro. Este, pola súa parte, déixanos cun sabor agridulce, xa que perdeu un combate durisimo frente a Hugo Oria do Base, que iamos gañando por wazari a 30" e, nun erro de non saber manter a distancia, permitimos que nos agarren e marquen wazari e, finalmente, nos derroten. Unha mágoa, pero en xeral bo nivel o mostrado por Xavi. 

Na categoría infantil só tiñamos a un representante, Mateo Bello en + 66 kg, quen tras unha longa pausa sen facer judo durante esta crise do Covid, voltaba aos tatamis e aos campionatos, mostrando parte do seu potencial. Meritorio segundo posto tras gañar os seus dous primeiros combates cunha proxección de pernas, pero no combate final contra Freire nos vimos superados por uns mellores agarres, que nos fomos quen de contrarrestar.

  

Noraboa a todos/as os/as nosos/as judokas polo seu esforzo... a seguir traballando e mellorando. 

 

 

 

martes, 15 de febrero de 2022

ACTUALIZACION HORARIOS OLEIROS SABADO 19 FEBRERO

Por motivos de aforo, foron comunicados os novos horarios do campionato (basicamente, s15 a unha hora e s18 a outra): 


HORARIOS: 

Sub-18 : Pesaxe 9:30-10:00 

Competición 10:30-11:30 (ENTREGA DE MEDALLAS) 

Sub-15 : Pesaxe 11:45-12:15 

Competición 12:30-13:30 (ENTREGA DE MEDALLAS)


O resto da info xa a tedes na entrada anterior do blog. 

lunes, 7 de febrero de 2022

LIGA OLEIROS 19 FEBREIRO S15 E S18

 Organiza: 

Concello de Oleiros 

Judo Club Oleiros 

CATEGORIA: Sub-18 e sub-15 compiten individual masculino e feminino

IDADES: sub-18 Nados nos anos 07,06,05. (pedirase DNI, autorización paterna, certificado de vacunación COVID) 

IDADES: sub-15 Nados nos anos 09,08. (pedirase DNI, autorización paterna, certificado de vacunación COVID) 

LUGAR Polideportivo de CANIDE c/Avda. Maria Pita, 22 (Oleiros) 

click aquí para localización google maps

HORARIOS: 

Pesaxe 9:30-10:00 Competición 10:30-13:00 

ENTREGA DE MEDALLAS 13:10 

PESOS: 

Sub-18: Masc: -50,-55,-60,66,-73,-81,+81Kg. Femn:-48,-52,-57,-63,-70,+70 

Sub-15 : Masc: -38,-42,-46,-50,-55,-60,-66,+66Kg. Femn. -40,-44,-48,-52,-57,-63,+63 

*os pesos podrán modificarse en función dos participantes inscritos 

COMPETICIÓN Menos de 5 judokas liga 5 ou más judokas eliminatoria con repesca asegurada (combates de repesca Golden Score) TEMPO: Combates sub-15 a 3 minuto. sub-18 a 3 minutos. ARBITRAXE: Responsable de arbitraje Miguel Blanco Reglamento oficial en vigor.