O primeiro dos 2 compromisos deste sábado 20 xaneiro resultaba nunha actuación irregular dos nosos judokas. Baixo o título de Liga Provincial de Lugo celebrábase en Vilalba
un campionato ao que acudimos coas categorías s-15 e s-18 na súa
modalidade individual. A valoración da nosa participación é positiva
como primeira competición nesta tempada para moitos deles, o que se
acusou especialmente na categoría infantil. Os resultados dos nosos
foron 2 ouros (David e Alex) e 5 bronces (Edgar, Rocío, Iago V, Iago I, Luis).
Na
categoría s-18 tivemos en xeral moi boas sensacións. Alex Quintana
lograba o ouro en -73 kg tras vencer por ippon a Martínez (Lugo),
Carpente (Ferrolterra) e Varela (Arteixo). Unha mágoa o despiste por
exceso de confianza ante Pasarín, que nos levou a unha derrota por
acción de cadeiras. Bo judo, bos agarres, boa actitude por parte de
Alejandro.
David
Alvarez non deu os 60kg e saiu en 66kg, onde acadaba o ouro tras vencer
a Bruno González (Arteixo) por wazari e Miguel Mato (Arteixo) por
ippon. En xeral boas maneiras ante judokas mais corpulentos e boa
finalización das técnicas, así como no ritmo dos combates.
Iago
Vázquez obtenía o bronce en -55kg tras perder na súa liga ante Gude
(Senra) e Moure (Arteixo) e gañar nun bo traballo de chan ante Prieto
(Lugo). Iago estivo ben no traballo dos agarres, algo lento na técnica,
pero en xeral as sensacións foron boas.
A
Categoría s-15 foi outro mundo, xa que varios dos nosos rapaces
estiveron moi despistados e pouco efectivos. Certo é que, salvo un
judoka, todos eran infantis de primeiro ano, pero en xeral estivemos
bastante por debaixo do esperado. Rocío en 52 kg mostrounos a súa car
mala repetindo erros habituais desta tempada e da pasada. Perdeu os 3
combates na súa liga, deixándose dominar nos agarres e no tempo do
combate.

En
42 kg Edgar estivo moi descentrado en casi toda a competición, perdendo
varios combates, salvando un pouco os mobles nunha traballada victoria
por wazari no último combate da súa liga. En 46 kg Iago Iglesias estivo
moi ben en actitude, faltoulle rematar algunha técnica que parecía
acabaría en ippon en non acabou en nada, pero a pesar das súas derrotas,
ficamos con boas sensacións. A Xoan en -60 kg pesoulle demasiado a
inexperencia e os nervios, aínda que os combates estaban resultando
igualados, chegando mesmo a técnica de ouro. Non consiguiu meterse en
semis tras ser eliminado na súa liga previa. En +60 kg a impresión foi
de que puidemos facer mais, aínda que en xeral os dous nosos
competidores no peso se mostraron competivos. Xacobo Novo perdeu os seus
2 combates ao final dos mesmos, algo falto de ritmo. Luis perdeu en
semis para logo no bronce gañar de ippon tras un tai otoshi e
inmovilizar. Tardou moito en entrar en ritmo, pero boas maneiras. Non
participou finalmente Raquel.
Masiva participación dos nosos judokas no campionato do concello da Estrada, nas categorías ata s-13. Parte
do evento celebrouse baixo a fórmula de ligas sen vencedor nin gañador.
Nas categorías s-13 o sistema foi de ligas con podium final según
resultados. En breve trataremos de informarvos dos mesmos.
Participaban nesta competición:
Pre-benxamín: Adrián, Mateo e Mar
Benxamín
B: Juan María, David, Anxo D, Alex, Carlos, Beltrán, Jesús, Antón,
Uxío, Anxo F, Anxo P, Gabriel, Pablo, Suso, Angel e Miguel Angel
Benxamín s-11: Mario, Brais, Esteban, Nicolás, Julia, Iago, Gonzaleo, Mateo, Roi, Saray e Dayana.
Alevín s-13: Sara, Anxo, Marco M, Marco R, Mario, Javier F, Alex, Claudia, Anxo, Alejandro, Aaron, Yeray, Javier V, Xavi e Roi
Fai click
AQUI para ver a nova ampliada