sábado, 20 de enero de 2018

RESULTADOS EN VILALBA E A ESTRADA




O primeiro dos 2 compromisos deste sábado 20 xaneiro resultaba nunha actuación irregular dos nosos judokas. Baixo o título de Liga Provincial de Lugo celebrábase en Vilalba un campionato ao que acudimos coas categorías s-15 e s-18 na súa modalidade individual. A valoración da nosa participación é positiva como primeira competición nesta tempada para moitos deles, o que se acusou especialmente na categoría infantil. Os resultados dos nosos foron 2 ouros (David e Alex) e 5 bronces (Edgar, Rocío, Iago V, Iago I, Luis).




Na categoría s-18 tivemos en xeral moi boas sensacións. Alex Quintana lograba o ouro en -73 kg tras vencer por ippon a Martínez (Lugo), Carpente (Ferrolterra) e Varela (Arteixo). Unha mágoa o despiste por exceso de confianza ante Pasarín, que nos levou a unha derrota por acción de cadeiras. Bo judo, bos agarres, boa actitude por parte de Alejandro. 


David Alvarez non deu os 60kg e saiu en 66kg, onde acadaba o ouro tras vencer a Bruno González (Arteixo) por wazari e Miguel Mato (Arteixo) por ippon. En xeral boas maneiras ante judokas mais corpulentos e boa finalización das técnicas, así como no ritmo dos combates.


Iago Vázquez obtenía o bronce en -55kg tras perder na súa liga ante Gude (Senra) e Moure (Arteixo) e gañar nun bo traballo de chan ante Prieto (Lugo). Iago estivo ben no traballo dos agarres, algo lento na técnica, pero en xeral as sensacións foron boas. 

A Categoría s-15 foi outro mundo, xa que varios dos nosos rapaces estiveron moi despistados e pouco efectivos. Certo é que, salvo un judoka, todos eran infantis de primeiro ano, pero en xeral estivemos bastante por debaixo do esperado.  Rocío en 52 kg mostrounos a súa car mala repetindo erros habituais desta tempada e da pasada. Perdeu os 3 combates na súa liga, deixándose dominar nos agarres e no tempo do combate. 


 

En 42 kg Edgar estivo moi descentrado en casi toda a competición, perdendo varios combates, salvando un pouco os mobles nunha traballada victoria por wazari no último combate da súa liga. En 46 kg Iago Iglesias estivo moi ben en actitude, faltoulle rematar algunha técnica que parecía acabaría en ippon en non acabou en nada, pero a pesar das súas derrotas, ficamos con boas sensacións.  A Xoan en -60 kg pesoulle demasiado a inexperencia e os nervios, aínda que os combates estaban resultando igualados, chegando mesmo a técnica de ouro. Non consiguiu meterse en semis tras ser eliminado na súa liga previa. En +60 kg a impresión foi de que puidemos facer mais, aínda que en xeral os dous nosos competidores no peso se mostraron competivos. Xacobo Novo perdeu os seus 2 combates ao final dos mesmos, algo falto de ritmo. Luis perdeu en semis para logo no bronce gañar de ippon tras un tai otoshi e inmovilizar. Tardou moito en entrar en ritmo, pero boas maneiras. Non participou finalmente Raquel. 



Masiva participación dos nosos judokas no campionato do concello da Estrada, nas categorías ata s-13. Parte do evento celebrouse baixo a fórmula de ligas sen vencedor nin gañador. Nas categorías s-13 o sistema foi de ligas con podium final según resultados. En breve trataremos de informarvos dos mesmos. 

Participaban nesta competición: 
Pre-benxamín: Adrián, Mateo e Mar
Benxamín B: Juan María, David, Anxo D, Alex, Carlos, Beltrán, Jesús, Antón, Uxío, Anxo F, Anxo P, Gabriel, Pablo, Suso, Angel e Miguel Angel
Benxamín s-11: Mario, Brais, Esteban, Nicolás, Julia, Iago, Gonzaleo, Mateo, Roi, Saray e Dayana.
Alevín s-13: Sara, Anxo, Marco M, Marco R, Mario, Javier F, Alex, Claudia, Anxo, Alejandro, Aaron, Yeray, Javier V, Xavi e Roi


Fai click AQUI para ver a nova ampliada




No hay comentarios:

Publicar un comentario