domingo, 4 de febrero de 2018

PABLO QUINTO NO GALEGO JUNIOR



A fin de semana de judo remataba co Campionato de Galicia Junior, celebrado hoxe domingo 04 de xaneiro no pavillón de Santa Isabel en Santiago. A nosa expedición se compoñía de 3 judokas, unha mágoa as diferentes ausencias que tivemos para este evento. En xeral houbo bo judo dos nosos, pero deixamos pasar varias oportunidades. 


En -60 kg, David Alvarez, aínda cadete, perdía en primeira ronda e ficaba sen repesca, ante Candanedo, judoka do Shiai. Non estamos moi satisfeitos con este resultado, xa que o ritmo do combate e as accións de perigo foron en todo momento de David, quen mesmo marcou un wazari que foi correxido polos árbitros de mesa. Entendemos que o rival mereceu varias sancións por falta de acción e, sobre todo, por tres seoi de xeonllos do rival sen desequilibrio consecutivos que non foron castigadas. Esto nos leva á golden score, onde perdemos.... 

Alex Quintana, tamén en idade cadete, saía en -73 kg dominando claramente a Aaron García, logramos o wazari e despois saímos sos do tatami 2 veces seguidas que son xustamente sancionadas. A continuación Alex proxecta de cadeiras, o rival cae de costado sobre un brazo e logo toca con todas as costas. O árbitro da wazari, pero é rectificado desde mesa. Logo volvemos a xogar no borde da zona de competición, somos sancionados e nos marchamos para casa....

En -73kg voltaba ás competicións Pablo Pérez, como junior de primeiro ano, tras subir unha nova categoría de peso, na cal se estreaba no galego. En primeira ronda victoria por 2 wazari de uchi mata e seoi ante Rodríguez do Encontro. En cuartos, ippon de seoi ante Pasarín do Lugo. En semis a fortaleza nos agarres do rival do Shiai Ion López leva a unha derrota rápida. No bronce pensamos que puidemos facer mais ante Miragaya do Senra, quen foi quen de impoñer o ritmo que lle conviña e marcou wazari nunha acción de enganche que ben puido ser para Pablo e logo outro wazari de cadeiras. Unha mágoa, pero en xeral bo día para Pablo. 

Boa experiencia coma sempre e os cadetes a aprenderen de hoxe para os seus compromisos na súa categoría de idade. Pola mañán o noso árbitro Pedro e os senseis Nico e Manuel participaron no curso de reciclaxe de arbitraxe organizado pola Federación Galega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario