domingo, 24 de marzo de 2019

RESULTADOS DO GALEGO S-15 E S-18 E LIGA NACIONAL

Deixamos atrás un novo sábado de judo - 23 de marzo - esta vez coa liga nacional e o campionato de Galicia s-15 e s-18. En liñas xerais, estamos satisfeitos do mostrado polos nosos judokas. 

Na liga nacional, celebrada en Madrid,  competía Montserrat Pardo, co JC Sotillo e lograba para o seu equipo na segunda división dúas victorias, que nos sirven para seguir preparando o Campionato de España Universitario. 

O Campionato de Galicia s-15 e s-18 voltaba, tras moitos anos dividido en fase provincial e fase final, ao seu formato de xornada única para todas as provincias, cunha participación numerosa que facía deste campionato unha empresa complicada. Por iso, consideramos a participación dos nosos s-15 como moi boa e dos nosos s-18 regular.


Os resultados globais dos nosos foron: 
1 prata (Tomás Vázquez)
2 bronces (Marco Mota e Raquel Matalobos)
2 quintos (Iago Iglesias e Claudia López)
2 novenos (Iago Vázquez e Rocío del Moral) 

+ info e fotos aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario