Hoxe sábado 06 abril presentaba de novo
un triple compromiso dos nosos judokas, desde algúns dos maiores, ata os
pequenos. Antes, o venres 05 pola tarde vía a Montse no universitario
de Madrid, representando a Pontificia de Comillas.
CAMPIONATO DE MADRID UNIVERSITARIO
Bronce para
Montse tras gañar en primeira ronda, para logo caer en semis ante a
medallista nacional de 63kg María Cabas. No bronce victoria cómoda.
COPA ESPAÑA A SENIOR - MARIN
Montse acadaba unha prata que
ben pudo ser un ouro, tras gañar en primeira ante Costoya do JK tras 2
wazari, se ben un mal comenzo de combate nos levou a encaixar un wazari
antes. Mais centrada, semifinal con victoria rápida por 2 wazari ante a
santiaguesa Riveiro. Na esperada final ante a andaluza con licencia
galega, Candela Fernández, empezamos con moi bo agarre. Tras un wazari,
Montse inmoviliza, pero a rival é quen de sairse. Así que foi avanzando o
combate, non supemos manter a táctica de desplazamentos fixada e judoka
do Shiai nos marca 2 veces. Noraboa en todo caso polo traballo de
Montse.
Por
outra bande, Manu, en 73 kg, perdía en primeira ronda por
amonestacións ante o experimentado judoka portugués Soares nun bo
combate, onde nos faltou algo más de decisión. Alejandro, no mesmo peso,
non saiu co tono do rival portugués, Silva, quen nos marca pronto.
Ningún dos 2 repescou. Volta aos tatamis tras varios anos para Ana, quen
realizou un disputado combate ante a valenciana Leile Souf, quen nos
marca ao final 2 wazari. Notouse o parón e a nova categoría (-63kg),
pero ficamos contentos coa actuación.
ENTRENO FEDERATIVO - MARIN
Para
a tarde deste sábado programouse unha concentración en Marín co obxecto
de preparar a selección s15 e s18 para o campionato de España. Acudían
os nosos s15 Iago I, Tomás e Raquel e o noso s18 Iago V.
TORNEO DE VITE
Os
prebenxamíns, benxamíns A e B e os alevíns saían ao tatami no torneo
santiagués de Vite. En sistema de ligas no que para os mais pequenos non
había clasificación, boa actuación dos nosos, moitos dos cales se
subían ao mais alto do podio. A expedición era dirixida polo compañeiro
José e os nosos judokas David Gualillo e Iago Vázquez participaron como
árbitros.
Para fotos fai click aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario