domingo, 31 de octubre de 2021

DAVID 5º E MILLAN E IAGO 7º NO GALEGO ABSOLUTO

 O pavillón de Esteiro, Ferrol, era o escenario do Campionato de Galicia Absoluto este sábado 31 de outubro. Iamos con catro judokas e é que os compromisos de estudos e traballo fan cada vez máis complicado a participación nestes eventos. O noso obxectivo era claro: a loita polas medallas dalgúns dos nosos deportistas. 


En -60 kg comezaba o torneo o noso judoka aínda en idade cadete Iago Iglesias cun poderoso ippon de makikomi ante o tamén santiagués Tiago Larramendi. En cuartos levamos o combate ante o lucense Gutiérrez, pero nos despistamos e nos marcan. Na repesca, bo combate a pesar da derrota ante o coruñés ex campión de España junior Fernández Tenreiro. En xeral boa actuación do noso aínda moi novo judoka. 

En -73 kg confesamos que pensabamos que Millán podía estar máis arriba, pero as medallas nestes pesos medios cada vez están máis caras. En primeira ronda victoria traballada ante o judoka do GSU Faro, cuxa defensa puidemos romper e levarnos o combate. En cuartos de final nun combate onde parecía que podiamos estar por diante ante o coruñés Cambón, ao final acaba en derrota, o que nós manda á repesca ante o duro judoka madrileño con licenza galega, Iglesias Alvarez. Bo combate de Millán, quen manexou moi ben os tempos e agarres, sacándolles 2 shidos ao rival para logro proxectalo cun gran makikomi. No pase ao bronce, duro combate ante o ex campión galego Dimas Leiros, ante o cal levamos ben os agarres, pero non damos aproveitado este feito e nos sorprenden cun ataque de esquerdas, que nos deixa cun 7º posto que nos sabe a pouco, dada a calidade de Millán. 

En -81 kg tocounos unha versión descafeinada de Pablo Pérez, se ben é certo que o sorteo non foi xeneroso e nos deparou un primeiro enfrentamento contra o durisimo judoka coruñés Xerardo Bouzas, quen acabaría sendo prata do torneo, só cedendo ante Gallego, madrileño con licenza galega. Ante Bouzas non fomos quen de atopar solucións aos seus sodes e sucubimos. Na repesca mal combate ante un rival ao que consideramos podiamos vencer, pero os nosos propios erros nos levaron a unha derrota cun nivel máis baixo do real. 

No mesmo peso saía David Alvarez, quen empeza con mal pe a competición sen solucións ante a agresividade nos agarres de Brais Fernández do Arteixo. Na repesca bo combate con victoria ante Calvo do Culleredo. No pase ao combate polo bronce, bo plantexamento ante Joel Candal do Cambre, marcamos wazari, pero arriscamos innecesariamente no último minuto e nos marcan wazari de contra, para nos últimos segundos David lograr unha luxación e a victoria. Na loite polo bronce ante o judoka madrileño con licenza galega Akimidze, vello coñecido de David, bo intento de seoi, pero a mala fortuna quixo que o brazo do rival quedara en posición ventaxosa para unha estrangulación indefendible. En xeral, bo campionato de David, mágoa ese primeiro combate. 

Noraboa aos nosos judokas polo seu esforzo. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario