domingo, 10 de febrero de 2019

BOS RESULTADOS EN OLEIROS S11 E S13

Comenzaba onte sábado 9 de febrero a liga do Concello de Oleiros para as categorías s11 e s13 con judokas vidos das comarcas de Ferrol, Coruña, Oleiros, Santiago e mesmo de Asturias. Tres equipos do noso clube saltaban ao tatami e, en xeral, tiveron unha boa actuación. Na categoría s11 este ano, dado que non hai unha diferencia moi grande en canto a experiencia e anos de práctica entre os nosos judokas, non tivemos que facer un equipo pensado so para os recen chegados e os mais inexpertos e fomos quen de facer 2 equipos moi igualados. Esto viuse na clasificación de ámbolos dous para a liga A tralos resultados de hoxe. 

Na categoría s13 non tivemos a mesma fortuna, motivada en parte por sair cun peso libre, tras unha baixa de última hora non xustificada. O equipo mostrou unha moi boa actitude. Formaron: Diego, Sara, Roi , Claudia y Mateo. O desenrolo do equipo foi de: derrota ante Asalia 2-3 (gañan Sara e Mateo), derrota ante Bitácora 2-3 (gañan Sara e Claudia), victoria ante Camm 4-1 (gañan Diego, Sara, Claudia e Mateo) e derrota ante UDC 1-4 (gaña Sara). Esto nos relega á liga B na seguinte xornada.
En sub11, os nosos 2 equipos, tal como escribimos antes, pasaron con éxito o corte. Estiveron axudando ao sensei Nico, as nosas judokas Claudia López e Sara del Millán. 
Os judokas do equipo A acabaron segundos tralo UDC en base ás súas victorias ante Liceo 3-1, Dominicos 4-0, Trison  4-1, Bitácora 3-2 e a derrota por 0-3 ante UDC.  O equipo B pola súa banda finalizaba terceiro tras 2 victorias ante As Mercedes (3-2) e  Esclavas-Labaca (4-1) e 2 derrotas ante Oleiros C (3-2) e Oleiros A (5-0).

Mais info e fotos aquí.  








No hay comentarios:

Publicar un comentario