Este sábado 21 de xaneiro voltamos á épica das competicións intensas e longas, dadas as distintas categorías que saltaban ao tatami de Arteixo da 3ª xornada das Ligas Altas. Ata hoxe "só" acudimos cos sub18 a esta liga, pero engadiuse unha competición por equipos senior, na que participamos e valeu a pena, xa tan só pola intensidade dos combates e os encontros tan igualados en xeral.
A foto de conxunto resume o aspecto fundamental co que nos quedamos de todo isto: a profundidade e renovación do noso pequeno club. Por razóns técnicas non vimos a esta liga coas categorías máis novas. Pero na foto xuntos saen judokas sub-18, juniors, seniors, veteráns e a nosa fichaxe de nivel.
Crónica da competición: fai click aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario