domingo, 29 de enero de 2023

Onte sábado 28 de xaneiro participamos unha mañá longa e intensa na 1ª xornada da Liga do Concello de Oleiros, ao que asistimos desde hai xa moitos anos grazas á invitación do club amigo JC Oleiros. A primeira xornada ten lugar na modalidade individual nas categorías s15 e s18 e saltaron 11 judokas do noso club ao tatami. Os nosos resultados foron en xeral satisfactorios e resúmense en: 2 pratas (s15 Hugo e Jesús), 5 bronces (s15 Claudia V; s18 Claudia L, Claudia M, Javi e Tomás), 1 quinto (s18 Mateo) e 2 séptimos (s15 Juan; s18 Xavi). 



Para ver a noticia completa, fai click aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario