domingo, 2 de febrero de 2020

BRONCE DE RAQUEL NO GALEGO JUNIOR + EUROPEAN OPEN ODIVELAS


Este domingo 2 de xaneiro do 2020 comezaba co entreno federativo en Compostela no Polideportivo do Restollal, onde entreaban varios d@s nos@s judokas: Claudia L, Claudia M, Sara, Tomás, Javi, Mario, Marco, Rocío, David, Pablo, Iago I. 



Ao mesmo tempo, tiñamos a Montse Pardo en Odivelas, Portugal na European Open, onde partía en primeira ronda ante a rusa Kamalova. Por desgracia, erro pola nosa parte, que provoca a contra da rival, quen logo perde contra a  xaponesa Uno e nos deixa sen repesca. 

A continuación, @s judokas junior participaban en Santiago no Campionato de Galicia Junior. 6 deportistas do noso clube viñan con obxectivos, uns tratar de meterse nas medallas, outros facer combates de cara ao Campionato de Galicia Cadete, dada a xuventude dalgún@ d@s nos@s judokas.  


Iago Iglesias, judoka cadete de -55 kg, perdía no previo de -60 kg ante o ferrolano Cid; esperabamos quizais poder dar algo mais de guerra, se ben o obxectivo era tratar de acumular experiencia para a galego da súa categoría. En - 73 kg saíamos con 2 representantes. Pablo Pérez era sorprendido cunha estrangulación tras un seoi ante o judoka do clube amigo JC Base... e de novo un judoka da calidade de Pablo non pasa ronda..... Unha mágoa....  David Alvarez viña coa intención de estar no podio, trala súa prata no Galego Senior, pero o sorteo nos leva a unha primeira ronda ante o madrileño con licencia galega García Marxuach, quen nos proxecta en barrido e nos estrangula. Na repesca outro durísimo combate ante Miguel Ferreiro do Coruña, a quen derrotaramos na semi do senior. David leva ben a iniciativa durante todo o combate, con 2 shidos en contra do rival, quen nos marca un wazari algo xustiño no último minuto. David marca wazari de uchi mata, que, para o noso entender, inmerecidamente é anulado.... Moi pobre e inmerecido premio para un David que estivo a un bo nivel...

Algo similar nos aconteceu con Alejandro Quintana, quen viña tocado no hombro, en -81 kg. Moi bo combate ante o coruñés Iglesias, ao noso parecer cunha arbitraxe demasiado estricta contra Alex, quen perde ao final do mesmo por 3 shidos, e moi pouco estricta ante varias saídas da zona de combate do rival, sen realizar entradas.  Na repesca, combate moi duro ante Cadilla do JBM, no que consigue Alex aguantar o wazari marcado en acción de cadeiras ao principio. No pase ao bronce, fomos algo bisoños nunha acción fóra da zona de combate e somos inmovilizados por Alonso do GSU. 

A primeira das nosas judokas saía en -63 kg. Rocío, aínda cadete, non lograba imporse aos agarres da judoka de Arteixo, Montes e é derrotada, sen opción de repesca. En -70 kg , medalla de bronce para a cadete de primeiro ano, Raquel Matalobos, que quizais puido ser mais, con algo máis de temple no último combate, que perdemos de seoi. Antes derrota sen opcións ante a favorita, Insúa, e victoria moi traballada nun duro combate ante Couselo, do ADD, quen nos marca un wazari. Raquel logra marcar wazari de ouchi a medio minuto do final e nos últimos intres obtén outro wazari de seoi. Raquel vai pouco a pouco mellorando en varios aspectos do seu judo.¡Noraboa!


No hay comentarios:

Publicar un comentario