lunes, 10 de febrero de 2020

RESULTADOS LIGA OLEIROS S11 E S13


De novo o noso clube participaba este sábado 8 de febreiro na Liga do Concello de Oleiros, nesta ocasión nas categorías s11 e s13, ámbalas dúas na súa fórmula habitual por equipos mixtos. Coma sempre, numerosa participación de equipos vidos desde toda Galicia e Asturias, que dan mais valor aínda a actuación d@s nos@s judokas. 

Podemos concentrarnos nas diversas baixas de última hora que deixaron con pesos libres a 2 dos nosos equipos, pero preferimos destacar e moito precisamente aos que sí que fóron, varios dos cales acudiron enfermos e deron todo o que tiñan...e mais. ¡Naroboa a tod@s!

Na categoría sub-13 non deixa de ser curioso que o noso equipo A gañara os seus 2 de encontros aos que, a posteriori, serían os primeiros 2 equipos da súa liga, a saber, Oleiros B e Liceo. As derrotas ante Labaca e Barrié nos deixan fóra da loita polo título. O segundo equipo, con dous pesos libres, polas mencionadas faltas, fixo aínda sí un moi digno papel, pero por desgracia non puido quedar entre os 2 primeiros do seu nutrido e durísimo grupo, onde estaban Avilés A, Avilés B, Panteras UDC e Base. 

Os sub-11 tamén saían con dous equipos, o primeiro dos cales lograba o primeiro posto no seu grupo, tras as súas victorias ante Liceo, Avilés A e Bitácora e o empate ante UDC. O segundo equipo, mermado polas baixas, facía unha boa actuación ante Oleiros A, Sal Lence e Muralla, pero quedaron fóra dos postos de cabeza. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario